martes, 25 de junio de 2024

A VINGANZA É DOCE


Eu gritei, gritei a todo pulmón, tentando que alguén viñera ao meu auxilio, pero eso non  ía pasar. Estaba condenado, ía a morrer aquí, só, agonizando e rodeado de sucidade e auga.

Bueno, preguntarédesvos como puiden chegar a estar nesta situación, pasar de estar na miña vida, máis ou menos perfecta, a estar encerrado nunha cela. Pois explícovolo.

Non sei por onde empezar, empezaría cas notas, pero creo que precisades un pouco de contexto, aínda que creo que o principal e presentarme. Ola, eu son Rolf Karkarov, un rapaz de quince anos, que o único que precisaba era unha vida normal. Bueno, o máis normal posible, tendo en conta o meu apelido. Pero ao parecer nin iso podo ter. Eu son o pequeno nunha familia formada por meu pai, meu irmán máis eu. Aínda que meu irmán xa non vive con nós, debido a que marchou a outra casa coa súa muller e os seus fillos, vén moito de visita, en realidade veñen todos de visita. Miña nai morreu de cancro hai dous anos, e dende aquela, meu pai e mais eu vivimos sós nunha casa inmensa, polo que decidimos que o noso chofer vivira con nós.

Refírome á miña casa como enorme xa que si ten unha habitación máis creo que é considerada mansión. Veño dunha familia con moitos cartos, e coa palabra moitos refírome a moitos de verdade. A miña familia e moi coñecida por toda Rusia, debido a que eu vivo en San Petersburgo, xa que meu pai e o xefe da mafia, cousa que a min non me encanta, pero todo o que teño e grazas a iso, polo que non me podo queixar.

Bueno, eu non vin aquí a presumir de todo o que teño, veño a contarvos a forma na que por culpa do traballo de meu pai a miña vida foi costa abaixo e sen freos. E vou a comezar a contarvos dende un tempo antes de que isto pasara, en realidade, indo cara o meu instituto.


– Rolf, xa chegamos á escola – dixo o meu chofer parando a limusina diante do meu centro escolar, o CES Miguel de Cervantes, a institución na que levaba estudando tres anos – Entra antes de que toque o timbre, que che poden poñer falta – .


– Si, xa vou. E que me da unha pereza ...– comentei canso, xa que son un bo alumno, pero odio ter que madrugar –  Non quero ter que estudar durante case seis horas, nunha clase chea de xente que me cae mal – a verdade e que non estaba mentindo, todos os da miña clase, a excepción de dúas persoas, caíanme mal, e o sentimento era mutuo. E a razón e que meu pai é o xefe da mafia rusa, e por esta mesma razón, a gran maioría do centro ódianme, xa que pensan que lles vou a facer dano, e si eles me tratan mal eu trátoos peor. Si, xa o sei, son moi rancoroso. En fin, cousas de ser un Karkarov.


Os únicos que me tratan ben son Mica, a miña mellor amiga, Luis, o que se lle podería chamar o nerd da clase, aínda que é moi amable, e os profesores, e algúns deles aínda así téñenme un pouco de manía, pero non hai nada que facerlle.


– Xa o sei Rolf, pero a última vez que te saltaches as clases teu pai enfadouse moito –

dixo con cansazo. E a verdade e que o entendo. Se non lle digo eso todos os días, non llo digo nunca – Acórdate da rifa que che votou cando marchaches de clase para estar cos teus amigos. Acórdaste? – dixo con un ton de burla .


– Aii, non me recordes iso. Que vergoña! Cando por fin meu irmán deixou de burlarse diso, agora empezas ti – dixen de queixa a tan vergoñoso recordo.


- Hai tres meses -


Que feliz que me sentín hoxe!! Xa son as 8 da noite é aínda chego agora a casa. Estiven todo o día na praia con Mica e Luis.

Cando entrei á miña casa topeime ó meu chofer, que me mirou cunha expresión, que si non me equivoco, dicíame que dera un paso cara atrás e marchara antes de que non me puidera arrepentir. Eu, obviamente, non lle fixen caso, e fun a buscar a meu pai. Mentres andaba, escoitaba o son de cousas caendo, e pasos rápidos no pido de arriba, á súa vez o estridente son dos teléfonos fixos da casa, un par dende esta planta e, se non me equivoco, un que outro tamén na planta de arriba. Si, a miña casa está chea de teléfonos, pero supoño que é o que fai a xente rica cando se aburre, non? Comprar. Os pasos, do que supoñía que era meu pai, comezaron a baixar de forma desenfreada e rápida polas escaleiras, e cando chegou ao descanso das escaleiras, por fin o puiden ver, debido a que eu estaba parado xusto ao pé das escaleiras.

El freou de súpeto e, ao meu parecer, eses intres pasaron como se fosen horas. Eu simplemente miraba cara el, analizándoo. Estaba espeluxado. O seu cabelo, sempre perfectamente peiteado coa sua “gomina”, andaba dun lado a outro, coma si pasara as mans demasiado por el.  O seu traxe, normalmente impecable e sen unha sola engurra, tiña demasiadas. Tamén estaba mal colocado, supoño que de correr.

El fixo o mesmo ca min, examinarme. Eu estaba consciente de que estaba despeiteado, pero eu sempre estaba así, polo que non era nada novo. A miña roupa está un pouco sucia, debido ao pó da area da praia, e teño as mangas do pantalón subidas, xa que metín as pernas na auga.

Cando acabou de procesarme ao seu gusto, dirixiuse cara min. O primeiro que fixo foi collerme a cara entre as súas rugosas mans, e comezou a examinarme o rostro, coma se tratase de ver algunha ferida. Cando non topou ningunha soltoume, e un pouco máis calmado dixo:


– Onde estiveches? Sei que non fostes ao instituto, e polo que vexo non che pasou nada grave, así que agora quero saber a tua versión para poder decidir o teu castigo – a verdade e que me sorprendeu a tranquilidade co que dicía isto. Tiña os brazos cruzados no peito, pero non lucía enfadado, si non que relaxado. Eu estaba“flipando”.


En realidade non sei como sentirme porque, a ver, si, claro que me da vergoña porque pilloume cas mans na masa, pero tamén estou relaxado pola sua actitude, e a vez tenso, porque xa falou do meu castigo, que esperaba que non fora moi malo. En fin, que non sei nin o que eu mesmo sinto.


– Bueno papá... –  e agora eu como lle explico isto? Como lle digo que non fun ao instituto por estar de festa cos amigos? –  ehh... –

– Que pasa, agora non queres falar? – dixo cun ton de burla – Se non tes vergoña como para faltar a escola, supoño que tampouco a terás para contarme que estabas facendo.–

RIIIIIINNNNNG, RIIIIINNNNNG...

Uff!!! Salvado pola campá, ou máis ben polo teléfono.

– Teño que atender esa chamada, pero non penses que este tema vai quedar esquecido – dixo meu pai. E en canto atendeu o teléfono, eu marchei a correr ao meu dormitorio e encerreime nel.


-Presente-


Ao final, para a miña sorte, si que quedou esquecido, pero eso non o fai menos vergonzoso e, para a miña desgracia, todos menos meu pai, xa que o pasou fatal ao pensar que algo me pasara, mo recordan cada vez que poden.


– Bueno veña, pois si non queres que cho recorde deixa de comerme a cabeza co mesmo de todos os días e entra ao instituto –.

– Si si, xa vou. Chaoooo –  e, finalmente despedinme de Robert (o chofer), un pouco máis emocionado por poder estar con Mica ríndome entre clases. Coma sempre, ela xa me estaba esperando na entrada, apoiada contra unha columna e rosmando a todo aquel que tivera intención de falar con ela.

Cando me veu, case literalmente saltou da columna e acercouse correndo, eu cría que me iba a dar unha abrazo, pero estaba moi equivocado.

– ONDE ESTABAS?! Pensei que me abandonaras nesta cárcere.– Dixo mentres me daba un golpe no ombro. Pode que eu lle sacara cabeza e media, pero en canto a forza pódeme destruír en menos de medio minuto. Pregúntome como ten tanta forza, e eso que o máximo de esforzo que fai e subir as escaleiras da súa casa, despois fai os deberes (cando lle cadra) e tírase no sofá comendo sen parar. Oxalá ser coma ela. Só come e ve a tele e está totalmente ne forma, e ten un corpo que nin a mesma Afrodita.


– Vamos para clase, que si non vamos a chegar tarde –  comentei tentando que se movera do seu lugar.

–  Claro, non me acordaba de que estou acompañada de don puntual–  rosmou polo baixo. Pero ela non sabe murmurar, entón escoiteino perfecto.

– Como me chamastes?–  preguntei finxindo estar ofendido, e botando a andar, facendo que ela andara detrás de min.

– Nada papá...– ohh non acaba de dicir iso, eu freei en seco, o que fixo que ela chocara cas miñas costas. Vendo o que iba a ocorrer, comezou a rodearme para poder seguir cara diante.

Eu mireina cunha cara travesa, ela botou a correr e eu detrás dela.

Despois dunha longa persecución estamos os dous na oficina da directora, os nosos pais de pé detrás nosa, e nós sentados diante da directora. Comezaron a votarnos  a rifa da nosa vida.


– COMO IDES A FACER TAL COUSA! VÓS SODES BOS ALUMNOS, QUE VOS PASOU! Pode que ti, filla miña, non sexas a máis intelixente, pero case sempre tes un bo comportamento, e ti Rolf, ti es un alumno estrela, porque agora, case a final do curso facer isto?– dixo Veronica, a nai de Mica. Era coma unha nai para min, entón a meu pai non lle molestaba que ela me berrara. De feito, creo que lle gusta, xa que ela da máis medo ca el.

Agora mesmo, o seu cabelo representaba o seu estado enfado, debido a que a cor vermella natural, coma sempre di Fran, seu marido, nunca te metas cunha rubia cabreada.

– Oes, moitas grazas, eh, mamá–  respondeu Mica de forma sarcástica. Non sei como era capaz de falarlle á súa nai desa forma cando estaba así de enfadada. A min dame medo, pero será  que ela herdou o seu carácter.

Despois dunha longa rifa no coche, deixamos a Mica e á súa familia na súa casa e, por fin, chegamos á nosa. Cando baixamos do coche, meu pai marchou ao seu despacho sen dirixirme unha soa palabra.


– Só está enfadado, non llo tomes en conta – dixome Robert, cunha cara de tristeza profunda, supoño que pola rifa ou pola indiferenza de meu pai. – Mellor vai adestrar, que seguro que se alegra un pouco.–

Eu só axitei a cabeza en forma de afirmación e subín á miña habitación, deixei as cousas da escola, e cando ía a baixar, non sei moi ben porqué, estiven mirando cara unha lámpada. Estaba no meu cuarto, pero non recordo cando a puxen ahi. Era de luz amarela, o seu pé tiña forma de floreiro , cun estampado de rombos brancos por toda a figura, sobre un fondo negro; a tea que recobre a bombilla tiña forma redonda, dunha cor crema.

Cando me din de conta de que estiven máis de cinco minutos mirando e analizando unha simple lámpada, marchei a correr cara a planta de abaixo, indo para a habitación na que levo adestrando dende que teño memoria.


Despois dunhas longas horas adestrando, ás doce da mañá, decidín que por hoxe xa fixera suficiente, dinme unha boa e longa ducha e, en canto saín, vestinme e fun comer un rico prato de pasta con tomate, atún e ovo. Tiña tan bo aspecto, que mo papei enteiro. Pouco despois, chegou meu pai a comer e, ao igual ca min, papouse o prato enteiro e antes de que chegara eu, xa había un prato na mesa, polo que supuxen que Robert xa comera.

Despois de comer fun a tirarme na cama co teléfono, sen facer nada en especial. Primeiro estiven un pouco en Instagram, falei un pouco con Mica, estiven xogando ao Brawl Stars ... o que fai calquera adolescente. Cando me aburrín, deixei a un lado o móbil, e mirei a hora no meu reloxo de parede, ERAN AS OITO! Pode que non o comentara antes, pero hoxe temos unha comida... familiar, por así chamala. Van a vir os socios de papá a tomarse unha copas e falar sobre asuntos importantes. Despois marchan e comemos só a familia, por eso é unha reunión familiar entre comillas.

Vestinme de maneira simple pero elegante, unha camisa branca das de toda a vida, e uns pantalóns negros de vestir. Tamén meu irmán, que veu antes para poder axudar no que fixera falta xunto coa súa familia, obrigoume a poñer unha gravata da mesma cor do pantalón, xunto cuns zapatos de traxe.

A “festa” pasou tranquila, sen disturbios. Pero cales iba a haber? A verdade e que foi un aburrimento, pero xa estou acostumado, e meu irmán igual. O malo foron os xemelgos, os fillos de meu irmán son case hiperactivos, e varias veces molestaron a algúns dos señores aí presentes, pero non pasou moito máis.

Na hora da cena todo estivo tranquilo, sen toda esa xente polo medio. Os xemelgos xa estaban máis calmados. Estabamos todos sentados á mesa (con todos refírome a meu pai, Robert, Christopher, meu irmán, a súa muller, os xemelgos, e claro que non podía faltar a filla adoptiva de meu pai, Mica.

Cando acabamos de cear, pero aínda estabamos sentados na mesa charlando entre nós, pasou algo moi raro, todos os teléfonos da casa comezaron a soar á mesma vez. Pensando que foi unha casualidade, cada un (menos os xemelgos) contestamos a un dos teléfonos, pero todos oímos o mesmo


– Coidado, a luz ten trampa. Un dos xeométricos non é o que parece –.

  Despois diso a chamada cortouse. Quen falaba tiña voz áspera, como unha lixa, e falaba con coidado, como se se fixera dano cada vez que pechaba a boca. Estaba advertíndonos de algo, pero polo ton burlón que usaba, non era unha advertencia de que tiveramos coidado. Non. Parecía como se quixese que nos fagamos dano, coma se quixera que toparamos eso do que nos advertía. Era todo moi estraño.

– A luz? Hai un montón de luces nesta casa. Un dos xeométricos? Non será por figuras xeométricas ao noso redor! – Comentou meu irmán con un ton amargo unha vez que os que estaban arriba baixaron onda nós e estabamos todos reunidos. En realidade tiña razón, isto non tiña sentido, só había unha cousa que se me viña á cabeza, pero era imposible... non?


–Creo... creo que sei a que se refería–  E sen darlles tempo a contestar subín as escaleiras á velocidade do raio, escoitando os seus pasos ás miñas costas, e as súas dúbidas que, por suposto, non tiña pensado contestar, non por agora, xa que nin eu sabía moi ben que estaba pasando. Cheguei ao meu cuarto e só parei de correr unha vez estiven cara a cara coa lámpada que tanta intriga me causou antes.–  Creo que é isto.–

– Rolf...–  comentou meu pai –.

– Si?–  preguntei sen apartar a mirada da lámpada, como si se fose a desvanecer por medio segundo que non a mirara.

– Esa lámpada de onde a sacastes?– preguntou de novo meu pai. Eu quedei estático, PENSEI QUE A COMPRARA EL!

– Como? Non a compraches ti?–

– Rolf.. non vin esa lámpada na miña vida– Valeeee,.., agora si que estou flipando.

– Si non a compraches ti, e ti tampouco– dixo meu irmán sinalándonos a meu pai e a min respectivamente–  de onde merda saíu a lámpada?! Porque non se puxo ahi ela sola.– Tiña razón. E eso era o que máis medo me dou. Si non foi meu pai, non fun eu, pola cara de Rober, el tampouco, e os da limpeza e da cociña teñen prohibido subir aquí arriba, alguén máis tivo que subir. Pero quen? Hai alguén máis na casa? Os da limpeza  e os cociñeiros marchan as oito e media, sempre facemos nós a nosa cena, e temos cámaras por toda a casa.

Pola noite, se non podemos durmir, temos prohibido saír da habitación, xa que a partir de certa hora, as cámaras, cada vez que capten movemento proxectan unha alarma, cun son estridente. E ademais a lámpada está no mau cuarto, alguén tivo que entrar aquí. Hai dous días iso aí non estaba. Entón tiveron que entrar onte ou hoxe. Hoxe a maña estiven na casa, que me expulsaron, a menos que fora nesos vinte minutos que non estiven, sería case imposible.

–Veña, que esperamos a mirar que era iso que dicían de que non e o que parece?– preguntou Mica. Creo que non se da conta de que alguén tivo que entrar na casa para colocar iso aí. Está emocionada. Parece unha rapaza pequena facendo unha búsqueda do tesouro.

–Non dicía que era algo xeométrico? O da luz encaixa, pero que ten de xeométrico unha lámpada?– preguntou desorientada a miña cuñada.

–Anco anco– dicía Thiago, meu sobriño, o que estaba en brazos de miña cuñada, mentres sinalaba cara o floreiro

– Que queres dicir Thiago? Branco?

–Shiiiii– contestou con toda a emoción do mundo. A verdade e que non teño favoritismos entre eles dous, pero el é o meu favorito.

–Vamos a facerlle un pouco de caso ao rapaz. Que sabe se ten razón e é superdotado– dixo meu pai, medio de coñas medio en serio.

– O único que ten de branco isto son os rombos– soltou meu irmán. Acabo de darme conta de que é máis imbécil do que pensaba.

– E que son os rombos segundo ti, listo?– dixen sarcástico.

–Figuras xeométricas? Ohh, ten sentido, espera... MEU DEUS, SON FIGURAS XEOMÉTRICAS, DESCUBRINO!– meu deus digo eu, tendo que aguantalo sempre.

– Descubriuno teu fillo, xa e máis intelixente ca ti e solo lle levas, cantos? Vinte e dous anos aproximadamente?–comentou meu pai con lingua viperina.

– Bueno, no que estabamos, cal de todos os rombos será o “falso”?–preguntei tentando ignorar as miradas de falsa ofensa que meu irmán lle daba a meu pai.

Comezamos a mirar cada un dos rombos, que aínda que non parezan tantos, son demasiados. Ata que ao final Mica atopou un que se despegaba, que non era un rombo, era un papel suxeito á superficie do floreiro.

–Topeino topeino!–gritou Mica emocionada– hai algo escrito, pon... – e calou. De repente houbo un silencio sepulcral e a tensión podía cortarse cun coitelo.

–Pon...– inviteina a falar, xa que a curiosidade me estaba matando.

–Que teñas coidado, que non todo é o que parece, que te vaias preparando para...– e volveu a cortarse. Meu Deus,  esta quere matarme da curiosidade.

–Non pon para que... di que te vaias preparando para algo, pero non para o que. Tampouco pon remitente, pero si para quen vai... Rolf, que lle fixestes a esta xente para que queiran acabar coa tua vida?–

– EU / EL!!!???– preguntamos eu, meu irmán e meu pai, e verdade estábanse poñendo vermellos, coma se non puidesen respirar.


Agora mesmo estou adestrando. Xa pasaron dúas semanas dende que descubrimos a mensaxe.  Meu pai tentou facer coma si eso nunca sucedera, pero meu irmán volveuse máis esixente comigo. Faime adestrar todos os días, durante catro horas. Cando acabo non podo nin co meu propio corpo. Ademais, antes o que me vixiaba era meu pai, que era quen tiña máis compaixón comigo, sen embargo meu irmán é un bruto.

Levo todo este tempo tentando facer unha vida normal, pero todas as noites chegan esas estrañas chamadas, cada día con diferentes encrucilladas. Ao resolvelas sempre topabamos distintas ameazas dirixidas a min. A este punto creo que meu pai vai a volverse tolo. Eestá movendo mar, ceo e terra para topar a quen sexa que manda esas mensaxes, pero parece ser que é  unha sombra, cada vez que topa algún fío que o leve ata el, en menos de dous días desfaise. Como si el supera que lle andamos pisando os talóns e comezase a correr máis rápido.


Hoxe, para a miña sorte, estou adestrando eu só.A casa está deserta excepto por min, o que é moi estraño, xa que desde que a primeira mensaxe chegou, non me quedo só en ningún lugar por máis de dous minutos. Cando acabei de adestrar e como non estaba moi canso, xa que non tivera a meu irmán molestando continuamente, decidín facer un pouco máis de deporte. Fun á corte onde temos os cabalos (porque si, a miña familia e demasiado fan dos cabalos e da equitación), nin sequera me parei a pensar en cal estaba collendo, só agarrei o primeiro que vin e prepareino para poder montar. Fixen unha ruta un tanto longa, pero só durou media hora.

Despois de despexar un pouco a mente, volvín á casa. Deixei o cabalo outra vez na corte, e entrei á casa. Escóitanse uns pasos baixando pola escaleira. Non lles prestei moita atención, seguro que é meu pai.


–Xa cheguei papá! – gritei para que soubese que era eu – Non te preocupes, só fun a dar unha volta co cabalo, pensei que cando volvera ti aínda non estarías aquí!– gritei de novo, xa que o coñezo, estaría tirando dos pelos porque non me topaba pola casa.

Ao non recibir resposta decidín acercarme máis as escaleira. Como estaba a luz apagada, cousa que me sorprendeu, tiven que prendela. A ver, non son tan parvo como para caerme por non acender unha luz. O que máis me sorprendeu e que non había ninguén nas escaleiras nin nos arredores, porque eu xuraba haber escoitado algo por aí, e por algo refírome aos pasos.

Nese momento dinme conta de que os meus cálculos estaban ben feitos. Eu volvín á casa antes ca meu pai. Iso significaba que había alguén máis na casa, e que ese alguén sabe que estou desprotexido. Eu veño do exterior, onde aínda hai luz, a persoa debe de levar aquí un rato, polo que máis ou menos debe estar acostumada á escuridade, xa me leva vantaxe tamén niso. Ademais de que si se atreveu a vir cando estou eu só e porque sabe que con meu pai non pode, pero comigo si. Outra vantaxe máis para o descoñecido.


Decidín coller unha tixola que tiña ao meu lado, por si acaso. Comecei a subir as escaleiras de forma lenta. Cando cheguei arriba, nun principio, non había ninguén á vista. Ata que me din a volta. Detrás miña había unha muller, era maior ca min, pero non moito, estaría nos vinte anos supoño. Iba vestida enteira de negro, cun traxe deportivo que lle cubre dende os pés ata o pescozo, un pasamontañas e unhas botas tipo militar, todo isto negro. Isto iba acompañado ademais dunhas luvas da mesma cor. E aínda que o pasamontañas lle cubría a metade da cara, dende o pescozo ata enriba do nariz, notase que é fermosa, o seu cabelo vermello destacaba entre tanto negro e, grazas a pouca luz que entraba de fóra, nótase que os seus ollos son dun verde brillante coma as esmeraldas. Sin non me estivera apuntando cunha navalla, demasiado afiada para o meu gusto, ata me namoraba. Pero creo que non é o momento.

Non me dou tempo a procesar moito o que estaba pasado cando me comezou a atacar, e claro q me quitou a miña tixola. Eu comecei a correr polo corredor, tirándolle todo o que topaba. Ata que conseguiu atraparme, e acurraloume contra a parede, poñéndome o coitelo no pescozo. Nese momento púxenme nervioso, sei que si non fago nada vou morrer, pero non sei que facer. Por reflexo agarrei unha lámpada que había ao meu lado e estampeilla contra a cachola, facendo que comezase a sangrar.

A porta principal soou, xunto ca voz de meu pai avisando que xa chegou. Eu fixen o máis sensato, gritar pedindo auxilio, porque aínda que tivera unha gran hemorraxia na cabeza, esta tipa non se rendía, que pesada de verdade.

Meu pai subiu correndo, con meu irmán pisándolle os talóns, ían acendendo todas as luces para poder ver algo, nótase que son máis intelixentes ca min. A ela non lle deu tempo a reaccionar, xa que en menos de dez segundos xa estaban os dous diante nosa.

Ela marchou o máis rápido que puido, tratando de parar a hemorraxia, e si, marchou saltando por unha ventá.

Desde ese día, o equivalente a hai dous días, non me deixan só para nada, e cando digo para nada e de forma literal, ata me acompañan ao baño, asi que xa imaxinades. Dende ese día meu irmán máis eu comezamos a investigar sobre esta misteriosa muller. E sabedes que? Descubrín que hai mais de cen millóns de mulleres con esa descrición, solo en Europa.


Levamos todo un mes investigando, e xa sabemos varias cousas dela: chámase Alma Gutiérrez, ten dezaoito anos, e ven dunha familia, agora mesmo, formada solo por seus pais, debido a que sua irmá morreu nun altercado, que resulta que foi xerado, sin querer, pola xente de meu pai. Que cousas, non? E resulta que volveuse unha asasina, para poder vingar á súa irmá.

Tamén descubrimos que o que nos falaba polos teléfonos era o seu secuaz/amante chamado Tiburón, xa sei un nome moi estraño, pero e debido a que está medio tolo e limou os dentes, polo que agora teñen forma de dentes de tiburón; están demasiado afiados, tanto que hai algunhas veces que tivo que ir ao hospital por morderse a lingua ao comer. Creo que agora xa non lle gustan tanto os dentes.

O que tamén descubrimos e que Alma ten unha propiedade ahi en Rusia, a unhas cantas horas da nosa casa, solo que para a nosa sorte, a uns cen quilómetros desa propiedade temos nos tamén unha. Polo que decidimos ir a buscala, e non llo comentamos a noso pai, xa que si llo dicimos non nos vai a deixar ir.

E aquí estamos, mirando a “mansión” dende o exterior, en realidade é unha casa un tanto en ruínas, pero grande, era un tipo de mansión abandoada,; tiña todas ás ventas tapadas con táboas de madeiras, a porta estaba aberta e rota, o teito parecía que cunha mínima corrente de vento tiraríao sen esforzo.

Entramos con sixilo, por si acaso había alguén, pero ao parecer non había ninguén en toda a casa. Comezamos a investigar, a mirar cada recanto de cada habitación. Nun principio todo iba xenial, pero comezaron a escoitarse ruídos, como se houbese alguén camiñando detrás, pero cada que nos xirabamos non había ninguén. Ata que o sentín.  Sentín un forte golpe na cabeza e escoitei a meu irmán gritar o meu nome. Sabía que agora mesmo estaba tirado no chan, supoño que sangrando pola cabeza, xa que sinto unha humidade polo pescozo e o pelo que antes non estaba presente, escorregando por todas as costas. Meu irmán gritaba, gritaba de todo, que nos deixasen, que non foran tan covardes coma para atacar polas costas, que se mostrasen, que me quedara con el... Pero o único que eu quería era acabar con isto, ca dor que sentía. Tiña sono, solo quería durmir, a voz de meu irmán era o único que me mantiña desperto. As pálpebras sentias pesadas, e non puiden evitalo, deixeime ir, e o último que recordo e a voz de meu irmán rogándome que non pechara os ollos, que me quedase con el.



Estabamos andando pola casa con moito coidado, parecía que estabamos sós, pero de repente vin a meu irmán caer ao chan, pensei que se tropezara, ata que vin que estaba sangrando polo pescozo. Había un tipo de botella rota detrás del, e escondidos entre as sombras había moita xente, sabíao porque non son demasiado furtivos ao moverse que digamos. Fun onda meu irmán. A verdade e que me daba igual si me atacaban a min, só quería que meu irmán estivera a salvo. Comecei a falarlle, díxenlle que se quedara comigo. Cando non contestou enfadeime, e comecei a gritarlle a os nosos agresores.

– Saíde, non ser tan covardes como para atacar polas costas! Deixádenos. Que vos fixemos nos os dous?! Si a cousa e co noso pai ide a por el, non a por Rolf!– a verdade e que estaba totalmente cabreado, non podía deixar que meu irmán sufrise isto só polos erros do pasado de noso pai.–Rolf, por favor non me deixes. Non peches os ollos Rolf, non te durmas. Por favor Rolf non. Non me deixes. Ti es forte. Ti podes, por favor.– Xa era tarde, non sei si morreu, ou quedou inconsciente, espero que a segunda, pero xa pechou os ollos, xa se durmiu. Xa fixo todo o que lle pedín que non fixera.

Cando el se durmiu, por fin saíron os covardes eses de entre as sombras. Eran tres homes, moi musculosos, eran calvos, tanto que as cabezas eran brillantes, e tamén altos. Mirade que eu son unha persoa alta, pois aínda me sacaban cabeza e media. Sen ter tempo a reaccionar fixeron comigo o mesmo que con meu irmán.  E agora doume conta do forte que foi el que polo menos estivo un minuto desperto, sufrindo, e eu caín redondo ao instante.


Cando despertei estaba nunha cela, chea de auga e sangue, e tamén terra. A cabeza doíame coma mil demos. O primeiro que fixen foi levar a man a parte de atrás da cabeza e cando a retirei estaba, como xa me esperaba, cuberta de sangue. Tamén tiña frío, sobre todo nos pés, porque resulta que nos descalzaron a min máis a meu irmán. Christopher descansaba ao meu lado, aínda inconsciente, pois ao parecer fixéronlle o mesmo que a min, estamparlle un cristal contra a cabeza. Ao parecer tamén comezou a ter frío, xa que estaba tremando, e tamén despertou, supoño que eu despertei polo mesmo.

Adicouse a mirar ao seu redor por uns momentos, cunha expresión confundida, supoño que eu cando despertei estaba igual. Seguiu mirando as preciosas vistas (nótese o sarcasmo) ata que reparou na miña presencia. En menos de medio segundo xa o tiña enriba miña, abrazándome, e mirando se non estaba ferido aparte do pescozo, e tamén mirando se esa era moi profunda ou estaba infectada, en resumen, o que fai un irmán maior preocupado pola saúde do seu irmán pequeno.

Despois comezou a inspeccionar a cela de forma máis minuciosa, mirando se había algún lugar por onde escapar, pero non había nada, non había nen unha soa ventá, e o lugar estaba iluminado de forma tenue grazas a a unha bombilla mal colocada que colgaba do teito. As paredes son de ladrillo, e o chan de madeira, parecía parqué, pero era máis duro, todo estaba cheo de po e sucidade. Parecía que non limpaban dende hai polo menos cen anos. A única porta que había era de metal, igual de sucia que o resto do lugar, e estaba un tanto aboiada, si te fixas ten marcas de unllas, polo que supoño que non somos os primeiros en estar aquí.



Xa levamos o que parecen ser anos, pero polo que meu irmán leva escrito na parede é un pouco menos dun mes. Eu xa desistín, pero meu irmán non para de buscar algunha saída. Levamos todo o mes sendo torturados todos os días sen falta, dende malleiras ata pistolas Táser. O único que quero e que se acabe este sufrimento, pero a min non é ao que peor lla fan. Se a min me torturan, a meu irmán téñeno case crucificado. El leva dende que chegamos buscando unha saída, e eles descubrírono. Entón, dende ese momento, fanlle a vida aínda peor. Pero el, cas poucas forzas que lle quedan, segue investigando como escapar. Ata que ao parecer, hoxe cansáronse de aguantalo.

Acaban de entrar na nosa cela tres gardas, como xa é normal. Sempre entraban, levábanse a un dos dous, torturábano, e despois traíano de volta, moitas veces desmaiado. Pero esta vez non fixeron iso. Entre dous deles agarraron a meu irmán, un de cada brazo. El xa non se resistiu, xa sabía o que lle tocaba, pero esta vez foi algo moi distinto ao pensado. O terceiro garda agarroume e fíxome estar cara a cara con meu irmán. O garda que me colocou así sacou un machado e eu non entendo nada. Ao parecer meu irmán si que o fixo, e instantaneamente díxome.

–Coida dos meus nenos por min, non deixes que lles pase nada a eles nin a Emily (miña cuñada)– dixo un tanto desesperado, sabendo cal sería o seu final.

–Que? No, no, no, eso valo a facer ti, ti vas a asegurarte de que a tua familia estea ben. – Nese momento foi cando captei o que iba a suceder– NO! NO! NO!, non podedes facer isto!  NOOOOO!!! POR FAVOR, NON FACER ISO, FACÉDEMO A MIN, NON A EL!– e aquí e onde comezamos, onde me din conta de que iba a morrer só, eso si non era capaz de saír de aquí, claro.

– Eu estou tranquilo porque onte xa cho dixen– dixo chiscándome un ollo, ignorando os meus gritos de súplica e tamén aos gardas. Non sei como pode estar tan tranquilo nun momento coma este.

De repente pasou, pasou o que eu non quería que sucedera. El xa non faría ningún outro comentario burlón en algún momento serio, nin tampouco faría nada máis do que só el facía, xa que a súa cabeza xa non estaba unida ao seu corpo.

Ese instante pasou en cámara lenta para min. Ver como se achegaba o machado ao pescozo de meu irmán, como o comezou a cortar, e o paso de expresións de meu irmán matábame; primeiro, por uns microsegundos, era de dor, en de repente deixou de ter expresión, coma se non sentise nada, e esa era a realidade, xa non sentía nada en absoluto.

Meu irmán xa non estaba, o meu confidente non me ía a gardar máis secretos, non me ía a defender nin a protexer de todo e todos, xa non ía a ter eses adestramentos, que antes pensaba que eran o peor, pero agora daría todo o que teño por volver a ter, aínda que sexa un só.

Os gardas recolleron o corpo máis a cabeza e levárona con eles, deixando un gran rastro de sangue por onde pasaban. Eu xa non aguantei e voteime a chorar, pero non a chorar de soltar unhas bagoas de vez en cando, non, chorei con todas as ganas do mundo, e non só polo de meu irmán, se non por todo polo que non chorei antes. Sentía un ardor no peito indescritible, que si non o vives non o entendes de todo. Doíame, doíame o peito, o corazón, a cabeza e a alma... E doía con todas as ganas do mundo. O ardor do peito non marchaba, se non que aumentaba, eu tentaba respirar, pero non era capaz, era coma se os meus pulmón de repente encolleron, coma se o aire non me pasase pola gorxa. Respirar doíame, chorar doíame, vivir doíame... Chorei con todas as ganas ata que, por fin, quedei durmido, entre choros e súplicas de despertar deste pesadelo que se me facía tan real. Pero para a miña desgracia este non era un pesadelo coma os que tiña cando era pequeno, dos que non me deixaban durmir porque había un monstro debaixo da cama. Non. Esto non era un pesadelo, era a dura realidade, a realidade na que meu irmán xa non estaba comigo. A realidade na que uns rapaces xa non tiñan pai. A realidade na que unha nai quedou viúva.


Unha cruel e dura realidade.


Pero eu estaba disposto a cumprir as últimas palabras de meu irmán. Ía a coidar da súa familia, ía a saír de aquí e ía a ser feliz, feliz por min e por el.

Cando despertei sentinme só, pois claro, agora estaba literalmente só. Pero estou decidido, esta noite vou escapar, como tiña meu irmán  planeado, pero para a nosa desgracia el non puido facelo. Pero vou a facelo eu por el.

Cando xa era de noite decidín comezar co plan, tal e como o planeou meu irmán. Non sei nin como o fixen, pero conseguín saír, e non me pidades detalles do que pasou porque non o sei. E que non e de broma, na miña memoria hai un lapso de tempo, nun momento estaba na cela, e noutro estou aquí camiñando cas poucas forzas que teño no corpo cara á casa que temos a uns tantos quilómetros da propiedade de Alma. Eu saín da cela á noite, sobre as doce. Pois mirade se foi camiño ata a miña casa que xa é a madrugada, e aínda non cheguei. A casa xa se ve, a uns tres quilómetros, pero chegar non cheguei.

En canto entrei á casa o primeiro que fixen foi ir correndo ata o único teléfono. En canto cheguei chamei a meu pai. Que contestou ao instante.

–Hai noticias deles?!– preguntou desesperado, supoño que pensou que era algún dos seus socios para informar da miña situación.

–O que? Papá son eu, Rolf– intentei explicar, pero cortoume case ao instante.

– Rolf?! Por fin, Deus escoitou os meus rezos. Onde estades?! Que vos pasou?!Estades ben?! Como chegastes ata o teléfono?!– comezou a bombardearme a preguntas.

–Se queres contesto a todas en persoa, pero ven a buscarme por favor, estou na casa esta que temos ás aforas da cidade.– nNn sei se funcionou o de intentar calmalo, pero polo menos agora estaba un pouco máis calado.

–Si, xa vamos agora, en tres horas estamos– e cortoume.

Aprobeitei esas tres horas para ducharme con calma, cambiarme de roupa, e debido a que non vimos a esta casa dende hai bastantes veráns, tiven que coller da roupa que meu irmán deixou, porque a miña xa non me sirve. Tamén me comín media neveira, teño fame vale? Levo todo o mes sen comer, quería verche eu a ti.

Cando pasaron tres hora é un pouco chegou meu pai, abrindo a porta de par en par, correndo cara min, abrazándome tan forte, que ao estar tan debilitado pensei que rompería. E, outra vez, comezou a bombardearme a preguntas.

–Como chegaches ata aquí? Xa comestes? Duchásteste? E teu irmán? Onde está? Comeu? Duchouse?– non sabía por onde comezar, creo que empezarei contestando as dirixidas a min, e despois soltareille a bomba.

– Cheguei andando, si que comín, de feito media neveira. E tamén me duchei.– agora si que xa non sei como continuar.

– Espera espera, dixestes cheguei, eso significa que viñestes só. Onde está teu irmán Rolf?–preguntou de forma temerosa, non querendo escoitar a resposta.

–Papá, o que pasamos foi moi duro... a Christopher asasinárono diante miña– veña, xa o soltei, agora a ver como reacciona.

–Oh–foi o único que dixo. Non chorou, non se moveu, non fixo nada. So dixo “oh”. Quedou nun tipo de shock, e despois comezou a falar de novo– Veña vamos para a casa, que seguro que a pasaches moi mal.–Tentou poñer un sorriso, pero saíu máis ben unha moca, estaba tentando non pensar nel, tentando facer como se non fose a realidade e Christopher nos estivese esperando na casa coma sempre. Pero non.

Se non o coñeces parece que non lle importou a morte de seu propio fillo, pero para a xente que o coñece, nótase que só está tentando non chorar, non mostrarse débil.

–Claro– foi o único que saíu da miña boca, e nin sequera foi unha palabra, foi máis ben un murmurio, falar sobre meu irmán poñíame tan mal, que nen a voz me saía da gorxa.

Comezamos o camiño fenomenal, na limusina iamos meu pai, o chofer (non Robert), cinco gardacostas para protexernos máis eu. Cando de repente comezaron a atacarnos dende os lados, en coches, dende arriba, saltando enriba do teito, e dende o fronte, cortando o paso. Meu pai e os gardas defendéronme a toda costa. Un sacoume do coche mentres o resto distraía  os atacantes, pero fomos interceptados por un deles. O garda comezou a loitar contar el, mentres me dicía que marchara. Eu marchei correndo, sabía que moitos dos que estaban alí acabarían mortos, pero só espero que meu pai non sexa un deses. E o último que me queda...

Despois de case dúas horas de camiñar, cheguei á miña casa, e fixen o que nunca pensei facer: chamei a Alma. Non sei nin de onde saquei o número, só sei que chameina e contestou. Resumindo a nosa conversación o que lle dixen foi que quería reunirme con ela, unha batalla final. Si ela gana, xa está, o que ela quería, matarme. Pero si eu gano, vai a liberar a me pai e vai a deixar que volva a cidade. Ela aceptou sen poñer pegas, e dixo que me preparara , en dúas hora estaría aquí.

Comecei a prepararme inmediatamente, corrín ao cuarto do meu pai, e entrei ao seu vestidor. Dentro, se pulsas un botón escondido entre os seus zapatos, unha parede deslízase e da lugar a un montón de armas, roupa para loitar, e moitas cousa. Collín un pouco de todo, e comecei a adestrar un pouco, por si acaso neste mes que non estiven perdín práctica. Cando case chegou a hora prepareime, puxen a roupa de loitar de meu pai, que consistía en unha camiseta e un pantalón de malla apertado ao corpo, pero que che da boa mobilidade. Púxenme todas as armas, e tamén uns tenis cómodos de facer deporte.

Cando saín da casa xa todo o mundo estaba reunido nun lugar, supoño que é onde está Alma. Á condenada gústalle demasiado a atención. Cando ía chegando, todo o mundo se abría para que eu pasara. Ao chegar ao centro vina. Alí parada, sen nada tapándolle a cara, non coma a outra vez que estivemos cara a cara. Era tan fermosa coma a última vez que a vin. Pero que estou dicindo?! Solo son as hormonas, creo..

–Por fin! Pensei que me deixarías plantada ,ehhh– dixo totalmente relaxada, Non entendo como non está igual de tensa ca min. Debe de estar acostumada– veña, deixa un pouco as armas, dixéronme que te adestras dende pequeno pra loitar corpo a corpo, vamos a  ver que tal o fas, si? Despois se queres colles as armas, a min a verdade e que me da igual.– dixo coma se fose a cousa máis normal do mundo, a verdade e que non me importaba se usabamos armas ou non, eu só quería vingar a meu irmán e que me devolvese a meu pai.

– Vale, como ti queiras, gustaríame que todos vexan como che gaño sen armas de por medio– dixen, confiado, cando en realidade non sei de onde saíu tanta confianza.

–Claro que si, xa veremos que gaña ao final– comentou coa mesma confianza ca min.

Sen deixarme reaccionar saltou enriba miña, literalmente, e comezou a darme golpes na cara, nun deles creo que sentín entre toda a dor, como o meu nariz se rompía. Xa debía de levar uns dez golpes cando conseguín darme a volta (xa que estabamos tirados no chan, ela enriba de min) quedando eu enriba, de forma que me era máis cómodo para golpeala. Seguimos así, ás voltas e aos golpes ata que me aburrín e decidín facelo máis interesante.

– Non crees que isto xa é un pouco aburrido? Por que mellor non usamos estas preciosidades?– comentei mostrando un par de espadas, tan longas coma o meu torso, ambas cun mango de cor vermella, e cos bordos afiados a ambos lados da folla.

– Paréceme unha boa idea– comentou collendo unha das espadas e examinando todo minuciosamente. Así, falando no medio da pelexa, ata pareciamos amigos e todo.

Agora fun eu que atacou primeiro, sen deixala reaccionar, comecei a loitar contra ela tentando facerlle algún corte, e freando os que me mandaba ela. Conseguín facerlle un corte na meixela, outro no brazo e outro na perna. Non é por presumir, pero as espadas dánseme ben. Ela case non era capaz de aguantarse de pé por culpa da ferida da perna, e tamén lle custaba mover a espada polo corte do brazo. Pero aínda así, non sei como, foi capaz de desarmarme, facendo que a espada voara uns metros ás miñas costas. Pero eu non perdín tempo, saquei un coitelo dun peto que tiña no becerro, aínda que non era exactamente un  peto, se non que máis ben era un tipo de arnés para poñer coitelos. Como ela non estaba preparada fíxenlle unha cortada ben profunda no abdome, facendo que comezara a desangrarse por ahi. Quedábanlle poucos minutos de vida, e eu so dixen unha frase.

– A vinganza e doce, a que si?– e marchei, recollendo todas as armas, cara a miña casa a descansar un pouco.

As poucas horas chegou meu pai, que foi recibido cun gran abrazo pola miña parte, e tamén por parte de Mica e seus pais. Eles levaban aquí un pouco, facéndome compañía e adulándome polo forte que son por haber pasado todas esas cousa. Ao mesmo tempo acompañándome no sentimento pola pérdida de meu irmán. O resto da tarde estivemos vendo películas e tratando de esquecer todo polo que pasamos nestes últimos meses.

Pero non todo era cor de rosa, unha nova ameaza chegou. E que non ía a poder estar tranquilo?



Vas a vertas comigo, miña moza foi asasinada por ti, ti serás asasinado por min.

Tiburón


Debería ter medo? Xa non sei que debería sentir.

En fin, estou outra vez no colexio, só que esta vez a xente non me mira mal, se non que se me acercan a falar. En fin...


HIPÓCRITAS


                           Eva Tubío Lojo

                                 1ºESO A


No hay comentarios:

Publicar un comentario