Chámome Carolina Leal, nacín un 19 de Decembro, vivo en Vigo e todos me
coñecen pola desaparición de meu irmán xemelgo.
Son unha rapaza alta e delgada. Son morena, teño o pelo longo e ondulado, e os
meus ollos son verdes. Estudo nun instituto privado, Rosalía de Castro, situado en Vigo.
Vivo nunha das casas mais grandes da miña cidade. E de dous pisos. Na parte dianteira
ten un xardín dianteiro e unha especie de garaxe para gardar os coches, e na parte
traseira, ai aínda mais xardín e unha piscina enorme. Vivo con meus pais e co meu irmán
xemelgo, inda que el un ano non estibo con nos, porque desapareceu.
“Once de Febreiro de 2022: Hoxe cúmprese o primeiro aniversario dende que o
meu irmán xemelgo desapareceu. Tíñamos trece anos cando pasou aquela desgraza,
non son capaz de esquecer ningún momento daquel día, o recordo todo como si fora
onte. Fora un día de choiva, así que pasamos todo o día na casa, a xogar ca
videoconsola, a ver películas e a xogar a xogos de mesa; meu irmán, miña nai, meu pai e
eu. Meu irmán nos preguntou si podíamos parar un momento o xogo, porque necesitaba ir
ao baño. Pasaron dez minutos, vinte, hasta que pasou a media hora e xa nos empezamos
a asustar, asi que decidín ir buscalo. Subín polas escaleiras lentamente ata chegar ao
segundo piso. Empecei a andar polo corredor moi amodo e dicindo o seu nome cada vez
que pasaba por unha habitación. Pasei polo lado do baño, estaban todos os caixóns
abertos con todo tirado polo solo. Dinme a volta, e foi cando me din conta de que a porta
da habitación estaba pechada. Fun correndo para alí e empuxei a porta con toda a forza
que puiden, pero non fun capaz de abrila. Coloqueime no fronte e golpeeime contra ela, e
de súpeto abriu mentres que caía unha cadeira, que supoño que era iso o que atrancaba
a porta. Mirei para a cama, e alí estaba meu irmán, estaba tirado, chamei por el, pero non
reaccionou. Avancei con paso lento e temeroso ata a súa cama e collinlle do brazo e
empecei a gritar o seu nome, pero igualmente non contestaba. Chegaron meus pais e
cando o viron chamaron a ambulancia, pero xa era demasiado tarde. Meu irmán, Iván, xa
se fora a un lugar mellor”.
Pensei toda a noite en investigar o asasinato do meu irmán, pensei en entrar na
habitación del pero está encintada e pechada con chave polos meus pais, din que non
podo entrar aí xa que me poden traer recordos felices con el e saber que non os vou
poder volver a vivir. Aquelas eran burradas que dicían meus pais, claramente saben que
non lles vou facer caso, e que obviamente vou entrar inda que me digan que non. Esperei
a que meus pais marcharan a traballar para rebuscar pola súa habitación a chave que
abría a porta da habitación de meu irmán.
Marcharon da casa, e pensei que sería o meu prezado momento de poder entrar
na habitación, entrei na dos meus pais e empecei a abrir os caixóns da cómoda e caixas
de madeira que tiñan por aí, e por fin a encontrei. Era unha chave pequena e afiada,
collina e gardeina no peto.
Cheguei a porta de meu irmán, escoitei un ruído dentro, coma se caera algo, metín
a chave e escoitouse un silencio profundo, dinlle a volta a chave e abriuse a porta. Entrei
a dentro dinlle a chave da luz e esta prendeu tan ben como o primeiro día. Me arrimei a
fiestra a mirar aquelas vistas que votaba tanto de menos de ver. Volvín a porta e voteille
unha ollada a habitación, vin algo brillante debaixo da cama e decidín acercarme a ela.
Abaixeime e collín o que había, pinchaba, era unha cadea de herba seca con silvas, que
tiñan manchas de sangue seca. Estaba admirando a cadea cando sinto pasos detrás
miña, era un home que levaba unha capucha que non deixaba que se lle vira a cara, me
estaba apuntando cunha pistola, vin que na outra man tiña o diario do meu irmán. Quería
deixalo ir, pero necesitaba aquel diario para ver si meu irmán escribía algo, si alguén lle
molestaba, para poder coller probables asasinos. Lanceime a por el, pero el era mais forte
e, despois duns agarróns fortes, deixoume sen poder moverme, ca cara esnaquizada, cun
mouratón nun ollo e un brazo inmóbil. Estaba deitada na alfombra cando de súpeto
escoitei a porta da casa, recordei que meu irmán tiña un reloxo despertador na mesa de
noite, intentei moverme un pouco para o lado e alcei a man esquerda, xa que a dereita
non a podía mover, e tirei o despertador, eran as 11 da noite, meus pais volvían a 1 da
mañá de traballar, non podían ser eles. Escoitábanse pasos polo corredoiro, estaba
nerviosa e tremíame todo o corpo. De súpeto abriuse a porta de par en par, era o mellor
amigo do meu irmán, Mateo, que me suplicou que lle contase todo
Cando rematei de explicarlle todo tendeume a man para axudar a levantarme, e
non me paraba de preguntar que como pensaba que a morte de meu irmán iba a ser un
asasinato e me dixo que si podía axudarme a encontralo. Pero eu non lle prestei atención
a iso, xa que, cando me axudou a levantarme vinlle na man unha mancha de sangue
acabada de facer. Pregunteille que que lle pasara na man e que como sabía que eu
estaba en perigo. Quedou calado, e mirouse a man con impresión. Díxome que saíu a dar
unha volta pola noite e que veu a fiestra e a luz da habitación acendida, acercouse ao
xardín dianteiro e escoitou gritos, así que quedou alí a esperar, e logo que veu saír a
alguén pola ventá e que lle cravou algo, preguntouse si estaría ben, forzou a porta de
abaixo e entrou. Non lle cría moito, pero inda así díxenlle que si, que me podía axudar.
En toda esta semana estiben indo a casa de Mateo, porque segundo el, sabía
pelexar súper ben e quitar armas. A súa casa por fora era pequena, só era dun piso, pero
cando entrei, era inmensa, nunca entenderei como fan iso.
Hoxe e Luns, suponse que ao saír do instituto iba a ir comer a casa de Mateo e
repasar todo o que me ensinou a semana pasada, pero ao final fun a comer a miña xa
que, segundo el, tiña que ir a casa de súa avoa. Cheguei a casa, saudei a miña nai e a
meu pai e subín a deixar a miña mochila na habitación. Deixeina enriba da cama, voteille
unha ollada a habitación e saín pola porta, pero volvín rápido xa que algo non me
cadraba, había un cacho de papel dobrado encima do meu escritorio, pero non me dou
tempo a miralo porque meus pais me chamaron para comer.
Pasou toda a tarde, e non, non me acordei do papel, estiben toda a tarde de aquí
para alá, primeiro estudando na casa, despois as sete da tarde, cando estaba a punto de
abrilo, chamoume miña nai porque se acordou de que era o aniversario do meu tío e tiven
que ir ata a súa casa. Cheguei a miña as nove da noite, ducheime, cenei, e fun para a
miña habitación.
“A medianoite na praza da Estrela”. Quedei abraiada, mais vale que, sea quen sea,
que este de coña. Collin o teléfono móbil, que o tiña enriba da cama e envieille unha foto
da nota a Mateo e pregunteille que si podía ir, pero me dixo que non, pero que fora eu soa
e que si pasaba algo que lle chamara. Estou cabreada, primeiro me mandan unha nota de
que vaia pola media noite a praza da Estrela e despois, o mellor amigo do meu irmán, no
que segundo el podo confiar completamente nel, vai e fállame, a min tómanme moito o
pelo.
Si vos digo a verdade, nunca me imaxinei a min soa sentada nun banco de madeira
no medio e medio dunha praza as doce menos cinco da mañá.
Estaba a punto de marchar, son as doce e cinco e aquí inda non veu ninguén, xa
me estaba cansando. De repente escoito un ruído detrás meu, era o son dunhas follas de
arbusto pero de repente paráronse de escoitar o ruído das follas durante dous minutos.
De súpeto saíu unha persoa, iba toda vestida de negro; chándal negro, zapatos negros e
gorra negra que non deixaba que se lle vira a cara. Non abriu a boca, só me dou un cacho
de papel e se largou.
Me fun para a miña casa, tiven que entrar pola ventá, xa que me quedaron as
chaves nun bote de cerámica que fixen eu en clases de pintura con oito anos. Senteime
na miña cadeira que estaba colocada no escritorio e prendín a lámpada. “Si chegastes ata
aquí, e porque o meu empregado che dou a nota, mañá terás que buscar a seguinte pista,
onde gardas os teus libros no instituto a encontrarás”
Pasei toda a mañá no instituto, pouco mais e non me acordo da nota. Cando tocou
o timbre para ir ao segundo recreo lles dixen as miñas amigas que foran baixando sin min,
que eu despois xa lle adiantaba, que necesitaba ordenar todo o caixón de abaixo da
mesa, inda que era mentira, iba a buscar a nota, pero eu non quería que alguén se
entease que estaba investigando a morte do meu irmán.
“A túa próxima pista para acadar co asasino do teu irmán esta situada na cova que
está preto a praza da estrela, poderala ir recoller a partir das cinco da tarde” Outra vez a
praza estrela, aquel debe de ser o lugar favorito do asasino do meu irmán porque...
Cando baixei para o recreo din unha volta por todo o instituto, pero non encontrei as
miñas amigas e fun ao campo de fútbol, que era onde case sempre estaba Mateo. E pois
si, alí o estaba, xogando ao fútbol cos seus amigos. Non me dou tempo nin a chamalo,
nada mais acercarme un pouco ao verde céspede xa correu a xunta min. Conteille todo,
conteille que tiven que estar eu soa a esperar a que viñera o home aquel e que inda por
riba non me dixo nada, que se largou. Pregunteille a Mateo si podía vir con migo a
próxima quedada co home, o principio dixo que no, pero despois, cando soou o timbre de
volver a clase, díxome que si que podía, que estaba de broma.
Por fin soou o timbre que daba a hora de irnos cada un a súa casa, xa era hora.
Cando cheguei a casa o primeiro que fixen foi dicirlle a meus pais que iba a vir Mateo as
catro e media e que íamos saír as cinco menos cinco para dar unha volta. A miña nai
pareceulle unha moi boa idea que viñera Mateo a nosa casa, di que fai moito tempo que
non o ve. Pero sen embargo, a meu pai non lle pareceu moi boa idea que trouxera un
chico a casa e que tiveramos que estar os dous sos na miña habitación e ca porta
pechada. O final terminouse inventando unha película el só, porque nin de broma iba a
levar a Mateo a miña habitación e, ao final, entre miña nai mais eu, convencemos a meu
pai de que puidera vir.
Eran as catro e vinte e cinco cando me chegou un mensaxe de Mateo ao móbil que
dicía: Carol, non me da tempo a chegar a túa casa as catro e media, estarei por alí as
cinco menos cuarto. Eu cada día quedo mais abraiada con este rapaz, ou nunca chega a
hora ou nunca pode, eu non o entendo.
Polo menos chegou as cinco menos cuarto, a hora que marcou el mesmo despois
de dicir que viña quince minutos antes. Fomos todo o camiño calados ata a praza das
estrelas. Chegamos e nos adentramos a cova, empezamos revisando todo o solo da
entrada, pero non había ningún papel, así que tivemos que ir levantando pedras cada un
por un lado, ata encontralo. Non pasaron nin dez minutos e Mateo xa se apresurou a dicir
que o encontrou. “Se queredes a pista final, pelexaredes ata o final”
De súpeto, cando menos nolo esperábamos, entraron dous homes que estaban
súper fortes a cova e empezaron a andar cara nos. Con cada paso que daban cara nos,
mais lle brillaban o coitelo afiado. Comezamos a pelexar, Mateo xa lle conseguiu quitar de
primeiras o coitelo ao primeiro home e cravarllo no estómago. Home morto. Solo falta o
que viña por min, que a min para non variar, sempre me tocan os mais difíciles, pero
cando menos so esperaba, atacoulle Mateo polas costas, cravándolle o seu coitelo e
deixándollo cravado, e púidenlle quitar o coitelo dunha maneira moi fácil, e sin facerme
dano. O adversario intentoume quitar o coitelo, pero paseillo a Mateo e cando o langrán
se dou a volta, Mateo cravoulle o coitelo na garganta, deixándoo sin vida.
Quedamos derrotados, nos sentamos nunha pedra, pero cinco minutos despois
Mateo levantouse con toda a enerxía do mundo e dixo que tíñamos que revisarlle os
petos a todos, para atopar a seguinte pista. Díxenlle que nin de broma iba a tocar a un
tipo morto, así que mirou el. “Se a teu irmán xemelgo queres encontrar, todas as covas da
cidade terás que mirar” Me dixo que non sabía si mañá podía quedar pero que despois
mo confirmaba. Pasei de estar súper feliz a estar súper enfadada, lle dixen que como non
iba a poder, que era meu irmán e que me prometera que dende un principio que sempre
iba a poder axudarme con todo isto. El cabreouse tamén, díxome que como era capaz de
dicir iso, que a maioría das veces non podía quedar porque a súa avoa estaba enferma, e
que el tamén quería a Iván, que era o seu mellor amigo durante cantos anos, e que o vota
moito de menos. Non e por mal, pero eu creo que o que di e mentira, porque o di con un
ton...
Cheguei a casa derrotada, ducheime, púxenme o pixama, ceei e fun a miña
habitación a preparar as cousas de mañá para o instituto. Cando collo a cazadora e lle
dou a volta cae un papel dobrado do meu peto: “Paseino xenial contigo, pelexas xenial,
aino que repetir. Att: Mateo” Todo iba ben ata que me fixei na letra, se me facía moi
coñecida. Collín unha nota dos inimigos e compareille a letra ca de Mateo. Todas as letras
eran exactamente iguales, as facían iguais, iso quería dicir que... Mateo matou a meu
irmán. Agora me cadra todo, volvamos ao primeiro día, o día cando me atacaron na miña
casa, o home que me atacou non era ningún home que enviara Mateo nin nada polo
estilo, era el mesmo, e como? Pois entrou a miña casa pola ventá e colleu o diario do meu
irmán porque seguramente el sabía que algún día destes iba querer investigar a sua
morte, e a súa conciencia non fallou. E para que quería Mateo o diario do meu irmán?
Pois moi fácil, Mateo tíñalle moita envexa a Iván e case sempre o molestaba de broma,
pero en realidade, notábase que lle tiña demasiada envexa a meu irmán. Iván escribía
sempre todo no seu diario, así que seguramente meu irmán escribiu que Mateo se estaba
empezando a comportar dunha maneira un tanto estraña. E pois Mateo algún día destes
acordouse do diario de Iván, e quixo vir a collelo para que non o abrira eu antes e vira
toda a verdade. Logo, cando me veu a min pensou que si eu iba a empezar a investigar
que podía intentar compaxinase con migo para que cada vez se vaia acercando mais e
mais a min ata matarme. Logo onte pola noite non puido quedar porque seguramente era
el mesmo o rapaz que me entregou a nota. E hoxe, tardou un cuarto de hora mais en vir a
miña casa porque estaba colocando a nota debaixo da pedra correspondente, porque
hoxe, maxicamente, descubriu onde estaba a nota en tan só cinco minutos. Despois
chegaron os seus cómplices, que sabían perfectamente todo o que tiñan que facer para
ser derrotados. E falando do rey de Roma, pola porta se asoma, me acaba de enviar un
mensaxe dicíndome que mañá o final non pode quedar, seguramente vai estar el alí para
cando chegue a cova correspondente.
Xa se pode ir acabar esta tortura de levantarse todos os días as sete da mañá para
ir ao inferno do instituto. Prepareime, collín as cousas e fun para a parada de bus, alí
estaban as miñas amigas e Mateo, que veu correndo a darme un abrazo, pero empuxeino
e ignoreino por completo.
Por primeira vez na miña vida as seis horas do instituto pasaron voando. Fun
correndo a cafetería antes de que cerrara e pedín un bocadillo de milanesa e unha auga,
hoxe iba a comer fora para ter mais tempo a buscar por todas as covas achegadas, e xa
empecei indo a unhas que tiñan unhas mesas para poder comer. Cando acabei de comer
fun investigar un pouco a cova, pero para a miña sorpresa, non había nada.
Botei toda a tarde a mirar por todas as covas haber se encontraba a pista. Cheguei
a última cova que coñecía, como esta non fora xa iba a perder completamente as
esperanzas de atopar o seu asasino. Adentreime nela, estaba todo moi escuro, así que
decidín coller unha lanterna que tiña na miña mochila. Cando a prendín, había unha nota
no solo. “Chegastes a proba final, aquí descubrirás o asasino do teu irmán, boa sorte”.
Tremíame todo o corpo, estaba nerviosa e contenta a vez, por fin iba a poder votar
a luz que, Mateo, en realidade nunca foi o verdadeiro mellor amigo do meu irmán, pero
sabe Dios o que queren que faga para que el diga a verdade.
De súpeto, polas miñas costas, aparece Mateo, con cinco homes xigantes detrás
del.
E si, era de verdade, o rapaz que se fixo pasar polo mellor amigo do meu irmán
matouno, e agora quéreme matar a min. Os homes íanse acercando con paso lento, lento
pero seguro. Saquei a mochila dos ombreiros e dela saquei un coitelo e unha pistola. Foi
unha pelexa forte, recibín varias puñaladas en ambos brazos, pero nada me iba a frear
ata conseguir vencer a Mateo.
Logrei derrotar aos cinco homes despois duns longos vinte minutos, agora
tocábame derrotar a Mateo. Levantouse da pedra que estaba sentado e acercouse a min.
Despois de que dixera iso, lanceime a por el, o principio foi todo a puñadas, pero
logo xa me cansei, e decidín que cando estivera cerca miña, ce cando menos so
esperase, sacalo e apuñalarlle no estómago. Caeu derrotado, non se movía, aproveitei e
fun correndo ata a súa mochila, e baleireina enteira. Había unha nota. “Se estás lendo
isto, e porque seguramente me derrotastes, parabéns, e si, son o asasino do teu irmán,
de Iván, solo o fixen por envexa, pero bueno, valeu a pena”. Caín de xeonllos, non mo
podía crer, o mellor amigo do meu irmán era o seu asasino, e casi e o meu. Collín as
miñas cousas e funme.
Iba de camiño a casa, e cando menos mo esperei, por pisar nun montón de follas,
caín ao vacío. Pensei que isto xa se acabaría aquí, pero non. Era Mateo de volta, pensei
que o matara. Agarroume da boneca e obrigoume a levantarme. Estívome dicindo que a
vez anterior pelexara ben, pero que agora a xogada me iba a sair mal, que me iba matar.
Comezamos unha pelexa a puños, xa que el non tiña armas, pero eu tiña unha pistola,
pero por agora non a iba a sacar. Estibemos pelexando tres minutos a puxo, e eu xa me
cansei, e cando estábamos algo distanciados, saquei a pistola do meu peto de atrás.
Alzou as mans e dou tres pasos para atrás. Díxome que estivera quieta e que
estivera tranquila, pero non o iba a estar. De súpeto, moveuse outros cinco pasos para
atrás e abriu unha bolsa de lixo, da que se asomou unha cabeza, era a cabeza do meu
irmán. Díxome que podíamos facer un trato, que si non lle facía nada a el que nos
deixaba ir a nos os dous, pero que si eu lle facía algo que o mataba a meu irmán e que
logo iba eu. Pero a min doume igual o que fixera, xa que si eu o mataba xa non podía
facernos nada a ningún dos dous. Así que non o pensei dúas veces, e apertei o gatillo.
Vin a bala moverse cada segundo ata que chocou contra o seu corpo e caía debatido.
Fun correndo xunta meu irmán e dinlle unha aperta xigante, votarao moito de menos.
Axudeille a saír da bolsa do lixo e fomos os dous a casa. Díxome que estivera ben, que
polo menos lle daban de comer. Cando chegamos meus pais non so podían crer, non
crían que aquel era seu fillo, nunca pensaron en volvelo a ver. Chamaron a meus pais e a
media familia e viñeron todos.
Neste día que estou escribindo este, cúmprese un ano de que o encontrara, e inda
non mo creo. Volvemos a facer todo xuntos.
Por fin volvemos a estar todos xuntos!
Carla Benito Miranda
1ºESO A
No hay comentarios:
Publicar un comentario