Por esas sonrisas que che roubo, cando curras para ganar o pan e que por nós non chova.
Por eses momentos que che hurto para estar contigo sen que sone o teléfono do médico de urxencias, que ten operacións a corazón aberto e que me convirten nun daño colateral, que despois ti tes que frenar para que o último cablenon se deixe pelar.
Por o home que cerrou bocas sen abrir a súa.
Por esa humildade que non esconde a grandeza, senon que a fai admirable.
Por todo eso e máis, mil gracias!, porque nunca pensei que contigo todo fosen subidas sen inhalador e baixadas sen frenos, e que existira un home que conseguise facer que día a día o queira moito máis e sen perder a miña esencia .
E neste trueque da convivencia, facerche ver eu a ti a realidade sangrante e ti a min enseñarme a soñar en grande .
~Figueira
No hay comentarios:
Publicar un comentario