miércoles, 17 de enero de 2024

SAN AMARO

 SAN AMARO

  Estoupan as bombas de palenque neste luns de zapateiros para lembrarnos que, aparte de descansar as subelas, é día de festa na aldea de Bexo...

  Axiña darán un pasarúas os gaiteiros. Logo,  misa cantada na ermida e procesión, se o tempo deixa sacar a imaxe do santo Patrón, non para de caer auga, mágoa...

 Merliño, padecer os males dos ósos é normal nesta terra, a esmola que debemos pagar por disfrutar os marabillosos abrentes das Brañas.

  Cando se pode, Xaquín, recorda que hai un feixe de días ao longo do ano nos que semella que vivimos envoltos na parrumeira, as néboas néganse a abandoar o Val ata ben entrado o mediodía, a culpa din que é do Ulla...

  Por elo, Xocas, o santo milagreiro que cura as reumas ten en Bexo adicada unha capela.

  Traxe e gravata mesmo chova...

  Repenica a campá da ermida, soan gaitas e tambores, estalan no ceo os foguetes...

  Feliz día de SAN AMARO, Amigo merlo...!!

 

  O Paraíso existe 




                                                                  Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario