sábado, 6 de enero de 2024

IMAXINAR


  Nas Brañas levantouse o telón dun frío e chuvioso día...

  Terei que coller paleta e pinceis e falar co meu Amigo se non quero que a morriña se adoñe da Alma...

  Cres, merliño, que os soños poden ser a verdadeira realidade.?

  O universo que consigas IMAXINAR é no que vivirás, Xaquín...

  Aquí tes unhas imaxes de Carril...

  Non as olles só, falaranche se abres as alas e deixas voar o maxín...

  Non escoitas un son envolvente ao solpor, unha música que che transporta ás doces augas do  Ulla, xunguidas coas salgadas da ría máis fermosa do mundo, bicando os beizos de area fina e branca de Cortegada, súa fiel amante...?

  Non hai utopías se voas nas alas do vento, nel están tódalas respostas, Xocas...

  Xa o cantaba Dylan...!!


O Paraíso existe





Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario