martes, 2 de enero de 2024

A RESACA DOS SENTIDOS

 Din que madrugar para disfrutar da Natureza, renderse ante o sorriso dos abrentes, son só verbas saídas da caluga dun tolo...

  Que opinas ti, merliño, que madrugas máis que ninguén para  espallar teu canto mentres ollas a cor dos amenceres nas Brañas.?

  Xaquín, non tod@s entenden o significado do estoupido de cores co que nos saúda cada mañá nosa nai...

  Son, para min, luz que ilumina o camiño, vitaminas que manteñen abertas as alas, música para o espíritu, paz para a Alma, Amigo Xocas...

  A RESACA DOS SENTIDOS logo da borracheira dunha longa noite de soños.

  Amigo merlo, eles o perden...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                  Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario