martes, 2 de enero de 2024

CURTOPLACISMO


  "Non hai pecado máis grande que provocar bágoas na cara que nos da seus mellores sorrisos." (Bob Marley)

  A nai Natureza enchóupanos a diario a Alma de máxicos instantes...

  Silenciosos abrentes...

  Caprichosos, e relaxantes, solpores...

  Brillantes, i ensoñadoras, noites...

  E, a pesares, emperrámonos a miúdo en borrar o seu sorriso, en cortarlle as pólas, en que chore...

  A piques de rematar o "cumio do clima" que se celebra en Dubai e, coma sempre, os intereses privados van por diante da necesidade de salvar o Planeta...

  Para mexar e non botar gota, Amigo merlo.

  O CURTOPLACISMO, Xaquín, é a pedra angular, a filosofía que o domina todo...

  Os dirixentes para nada pensan no mundo que deixan ás xeracións vindeiras, poderoso cabaleiro é don diñeiro...

  Chora o Planeta, bágoas de incertidume esbalan polas súas meixelas dende fai tempo, e semella que nada vai con eles, mágoa que nos afecte a tod@s, mal raio os parta.

  No pecado levarémola penitencia, merliño.

  A quen lle importa, Amigo Xocas...?

  

  O Paraíso existe 



                                                              Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario