jueves, 23 de noviembre de 2023

INVERNO

         


Xa chegou a dulce choiva

ás nosas veigas queimadas

por un abrasador estío

que non dou tregua a calor


vexo correr os enxurros

polos camiños da aldea

por campos e corredoiras

e terras asolagadas


das fontes manan as augas

das rochas e dos penedos

afloran por todas partes

qué riqueza, sen igual!


As brañas de Sublaiño

tan queridas polo pobo

noutrora a gran reserva

dos nosos agricultores


hoxe fican anegadas

polo caudaloso Ulla

por mor da bendita choiva

sustento de esta Terriña


grazas á choiva miuda

i os invernos suaves

Galiza manten o clima

orgullo da nosa Terra!!!


  Miguel Alberto,2023


No hay comentarios:

Publicar un comentario