jueves, 23 de noviembre de 2023

REFRÁNS


Non está o forno para bolos, que mal faría, merliño...? Cada un a súa, a miña vida sobro eu para gobernala... A pesares, a conciencia tranquila e a cabeza ben alta. Cómo a música, Xaquín, canta o meu Amigo. A bo entender sobran palabras, os bos perfumes en frascos pequerrechiños... Necesito unha imaxe que me acougue, boto man da galería. De repente a Alma dame un chimpo: "Rianxo, o Paraíso existe." Algo máis ca un slogan, Xocas, un sentimento coma a copa dun piñeiro de grande. Non está o alcacén para gaitas neste luns de zapateiros, sí os miolos do merlo para ditos, semella... Ata o san Martiño, catro cartos para pan, tres e medio para viño, un carto para tabaco, alá vai un realiño... Do san Martiño en adiante, pan e frío bastante...? A verbas babecas oídos xordos, Amigo Xocas, cada quen goberna o seu peto. Segue o merlo cos REFRÁNS mentres eu pesquiso un feitizo... Na ponte do río Te, coa imaxe do Paraiso reflexada na copa dun piñeiro do fin da Terra, escóitase un trino... Non preciso máis nada, merliño...!! O Paraíso existe





                                                              Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario