domingo, 18 de junio de 2023

PAXARO VOADOR

 Paxaro que vas voando

alá, a carón dos pais

lévalle tí, paxariño

o amor dos seus filliños


eles que moran na diáspora

lévalles o noso amor

na querida Selva Negra

paxariño voador!!!


dende a querida Galiza

aquí ó pé dos abós

ficamos os vosos fillos

agardando que tornedes


paxaro sigue voanado

na procura d´outras xentes

alá onde quer que foras

alá toparás galegos


lévalles tí, un suspiro

un recordo d´esta Terra

un bico das nosas xentes

lévalle un gran aloumiño!


Lévalle no corazón

o amor de todos nós

unha aperta moi grande

paxariño, embaixador!!!

  Miguel Alberto,2023




No hay comentarios:

Publicar un comentario