Soen decir que dende o banco de Loiba óllanse os acantilados máis fermosos do mundo.
Dou fe...
Escóitase tamén que @s nen@s gardan os soños en caixiñas de mil cores.
Pasou tanto tempo...
Cos anos quizais sexan outros os lugares onde os gardemos, cada quen elixirá, pero o que non debemos facer é deixar de gardalos, pois os soños son o principal alimento da Alma, sen eles non podemos seguir vivindo.
Así espertaba de mañá cedo, tratando de recordar o neno que fun un día e que segue agochado nalgún recuncho dentro de min, só el entende de intres máxicos.
Ollo o Val co sol asomando sobre o Pico Sacro. É como abrir a gaiola e deixar voar a mente na procura do "Paraíso dos Soños", no que sempre atopo variña e chistera da que sairán os soños, o disfrute de todo cánto me rodea, do que de verdade paga a pena...da gloria.
Tiven tempo para reflexionar na Semana Santa.
Tivemos, Xaquín, ou eu non conto...?
Mil perdóns, Amigo merlo. Tivemos tempo para reflexionar, de ollar a Natureza en todo o seu esplendor como un camiño a seguir, un espello no que vernos reflexados...
Celebramos onte o Día Mundial do Medio Ambiente, quizáis por elo me veñen hoxe á memoria os acantilados de Cabo Ortegal, Loiba e Bares, mares bravíos batendo nas rochas que teño gardados para sempre na lacena da Alma...
A COMUNIÓN ser humano, Universo e Natureza, merliño, como única forma de salvar o Planeta.
Un xeito de vida, Xocas...!!
O Paraíso existe

No hay comentarios:
Publicar un comentario