martes, 23 de mayo de 2023

TERNURA

 



María, dulce nome e triste vida.

Hoxe vin a túa beleza entre bagoas derretida, dos teus beizos só saen as palabras desteñidas. María, longas noites é corpos frios, unha aperta de tenebras que te esgotan os suspiros.

E tí María sempre coa frente partida debuxando alegría pa vestir cada mañan.

Levas as penas na alma e levas a alma nas mans!!!

Nunca vin tanta bondade entre remendos metida e na mirada perdida agáchase unha meniña.

Danme ganas de abrazarte e de escorrentarte o frio, de bicar esa ternura que ti levas como amiga.

M. Dolores Ríal,2023

No hay comentarios:

Publicar un comentario