domingo, 28 de mayo de 2023

LEMBRANZAS

 Lembreime daqueles tempos

nos que os nosos laios

fixéronnos ser almas oblicuas

á percura dun enamoramento,

cando eramos dous lóstregos

ou un trebón asinado pola saudade

e polas ondas vitais

dos nosos mares ególatras.


Grazas.


Non sinto hoxe aquel ador anterga,

non me culpo nen te culpo;

fixen cos meus remorsos

unha maleta sen sinais nen nome.


Comprendín a liberdade

que habita entre o silencio.


José Manuel Gómez Mira

No hay comentarios:

Publicar un comentario