Miña Terra, miña xente
miña Galiza querida
cantos carros, cantos apeldres
tantos recordos de neniña
os meus peiños de nena
correron polos camiños
descalza iba moitas veces
cos dediños cheos e frío
cantos aniños pasaron
inda me enchen de ternura
non esquezo a miña casa
cheiña de travesuras
sempre con algo na cabeciña
parecía filla do demo
non atopaba acougo
velo, para creelo
onde andas rapariga
que estarás inventando
búscame pola aldea
inda que sexa soñando
meos pais, xa se me foron
fican no Ceo agardando
que nos xuntemos de novo
eu soño con abrazalos.
Paki Espiño,2023.
No hay comentarios:
Publicar un comentario