domingo, 30 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 

Esta semana que remata hoxe fun invitado ós actos que se desarrollaron no IES Felix Muriel con motivo da semana do libro, xunto con todos os miembros de “Scripta Manent” a pesar que alguns non poideron asistir por motivos laborais, sí asistimos catro miembros; Manola Figueira, M. Dolores Rial, Silvia  Figueiras i un servidor.

 O día 26 presentou X.Ricardo Losada escritor e profesor, o libro, O ROSARIO É A BUGUINA ( que por certo prometo ler en canto poida) creo que é o seu quinto libro, disertando unha longa hora sobre cultura, que eu estaría un día enteiro escoitando a este gran pedagogo das letras sin respirar, todo un mestre do saber!

 O día 27 a nosa querida compañeira Silvia Figueiras ocupou o seu espacio falando de poesía, penso que é unha gran poetisa!!!  logo todos nos incluido o alumnado alí presente lle fixemos un sinfín de preguntas sobre poesía que ela contestou amablemente a todos nos. Prometo ler o teu Alma de Outono por segunda vez Silvia.

 Para rematar quero falar do alumnado, tod@s vos, e digo tod@s demostráchedes unha educación excelente, para que diga a xente que a xuventude non ten cultura, tanto os que estuvéchedes na mesa da presidencia como o resto, pola parte que me toca,grazas de corazón muchach@s, poden estar orgullosos os mestres i tamén vosos pais por ter uns fillos exemplares.

 Á dirección do  IES, a Ricardo Losada, e como non ó equipo da Biblioteca. 

Grazas de todo corazón, en nome de todos os membros de Scripta Manent! 

Deica outra!


  Miguel Alberto,2023

No hay comentarios:

Publicar un comentario