Do 25 ó 28 de abril celebramos a Semana do libro no IES Félix Muriel e contamos ca presenza do escritor Xosé Ricardo Losada, profesor de filosofía no noso centro, e a poeta Silvia Figueiras, ambos colaboradores habituais do blog Scripta manent.
Eles fóron os artífices de sendas charlas arredor da súa obra e a labor do escritor nesta sociedade aceleradamente cambiante, espertando, unha vez máis, a admiración do auditorio composto, na súa maioría, por alumnado, que participou activa e entusiasticamente nuhas xornadas que tiveron como protagonistas á literatura e o seu universo: beleza, sentimento e emoción, todo iso que nos define como seres humanos.
Grazas por facernos partícipes da vosa xenial visión da realidade!
Mano Figueira, a poeta Silvia Figueiras, Abel Rodríguez e Noelia Miguéns
No hay comentarios:
Publicar un comentario