domingo, 23 de abril de 2023

ADICCIÓN

 Soe decirse que escribir é un indicativo de ter pingas de tolemia, pode que sexa certo...

  Os primeiros escintileos do sol píllanme case sempre diante dunha folla en branco...

  Xa cantan os merlos moito antes, seus trinos son o reloxo espertador que lle anuncia ao galo vermello e presumido do veciño que vaia afinando o gorxelo, está a piques o abrente nas Brañas...

  Esperto a miúdo ao amencer co seu quiquiriquí, cal galiña necesitada...

  Coma un drogadicto abro cada mañá a fiestra para descartizar sentimentos sen ser escritor, e moito menos poeta...

  Amigo merlo, non é doado para min atreverme a mostrar a linguaxe oculta da Alma.

  Todo ser humano, Xaquín, ten medo a disparar balas de papel ao vento, pode que esa ADICCIÓN sexa a culpable do atrevemento.

  Gustariame que ese temor desaparecera, merliño, porque o único que pretendo é rachar os arames da gaiola da Alma, sentirme comprendido, non xulgado.

  Quizais, Xaquín, pidas demasiado...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                 Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario