domingo, 30 de abril de 2023

MARUSÍA

 A carón da Ría

choraba unha nai

oteando o mar

polo fillo ido


parteu ó mencer

coa súa gamela

para faenar

con gran marusía


sí, mar embravecida

con vento do leste

máis él, era forte

a nada temía!


Procurando o rumbo

pola nosa Ría

buscando aquel banco

que xa coñecía


e pescou axiña

sardiñas a eito!

Naquela barquiña

repleta de peixe


puxo rumbo a terra

co seu gran “navío”

máis, a ola maldita

mandounos a pique


chegou a noticia

d´aquel gran naufraxio

i aquela naiciña

perdeu o sentido


todas as mañans

vestida e loito

ficaba esquecida

naquel malecón


escrutando a Ría

tentar ver o fillo

cando chegaría?

Pra ela, vivía!


Nunca máis falou

sobraban palabras

perder o seu fillo

na gran marusía!!!


 Miguel Alberto,2023

( Recitado polo autor no Día do Libro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario