Seguindo as pegadas
na grandiosa praia
topeite sentada
o pé d´unha rocha
tentei saudarte
máis non contestaches
seguías absorta
nos teus pensamentos
naquela mañán
de tan doce clima
as túas ideas
voaban ó vento
en qué pensarías,
Fermosa muller?
en amores idos
e non esquecidos?
Seguian voando
as tuas ideas
nos máxicos soños
axenos ó mundo
é...naquel espertar
vícheme á frente
implorando o amor
que ti me negabas
unidos, xuntiños,
n´unha gran aperta
sellamos o amor
para a eternidade!!!
Miguel Alberto,2023
No hay comentarios:
Publicar un comentario