Non me gusta ser o "Avó Cebolleta", pero falaron os soños...
Non me preguntes , merliño, o por que, non sabería dar unha resposta.
Quizais polo vivido e por unha animada charla que mantiveches co pai de Andrés, unha pequena "Abella", o domingo pola mañá ao remate do partido na Illa de Arousa, Xocas...
Parabéns antes de nada a eses nenos que xogaron un partido extraordinario fronte aos líderes, colleitando mel da boa...
Ás veces os recordos afloran simplemente por unhas vivencias ou unhas verbas, Xaquín.
É posible que así sexa, merliño, o caso é que hoxe levanteime rememorando o que foi parte da miña vida ligada ao mundo do fútbol, falaron os soños, e de que xeito.
Escoito por aí, Xaquín, que o deixaches moi cedo, que aínda tiñas corda.
A elección do que poida facernos felices e o camiño que conleva nunca debe ser unha casualidade, e sí unha decisión tomada con frialdade...
Ningunha é sinxela de tomar, ningún camiño a seguir está exento de sacrificios, pero en acertar na elección daquelo que nos encha de satisfacción a Alma depende o sentirnos realizados coma persoas en cada momento das nosas vidas.
Non me dirás, Xaquín, que é normal irse estando no cumio da ola.
Nada é eterno, Amigo merlo, todo chega...
Noia foi o derradeiro porto de destino, alí colguei definitivamente o chandal de adestrador, e cando voto a vista atrás sinto a satisfacción dun traballo ben feito, non hai para descansar almofada máis cómoda...
A día de hoxe veriame na obriga de ELEXIR no fin de semana entre as culleradas de mel das "Abellas", ver disfrutar a Xoel xogando, ou estar nun banquiño co corazón a piques de infartar...
A elección, na contra do que moitos pensan porque para min o fútbol era unha relixión, foi ben sinxela...
Saín pola porta, xulguen os demais se grande ou pequena, coa satisfacción de haber cumprido unha etapa marabillosa da miña vida...
Agora, merliño, sigo disfrutando da pelota dun xeito moi difrerente...
Ollándome reflexado nun espello, a cara de felicidade de Xoel, meu neto...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario