LARPEIRADA
Co "arreeiro" dono do Val amenceu o domingo, votalo fóra non será nada sinxelo...
Mesmo da mente, que semella amorriñada pola chuvia...
Como o prometido é debeda e onte, logo do seu rexenerador canto, e dunhas culleradas de mel doce das "Abellas", prometinlle ao merliño para hoxe unha LARPEIRADA....
Traxe e gravata para saír voando cara o mercadiño i eliminar dese xeito os últimos neboeiros que quedan rodeándome os miolos...
Xa sei que é Coresma, tempo de penitencia, xaxún e abstinencia según a Igrexa...
Pero o padre Patiño, apertas e mil perdóns por descubrir un segredo, non era de confesión, díxome que non pecaría por saborear unha tapa de polbo á feira, unha soa e con viño do que mancha o fuciño, con mencía deixoume claro que estaría cometendo pecado de gula, cánta letra pequena hai no catecismo...
Das sobremesas nada me dixo, aproveitarei para cumprir coa promesa feita ó larpeiro e mercarei un bo anaco de pan de trigo e centeo con uvas pasas e noces, unha preada de deuses.
Anda, Xaquín, que non lle votas imaxinación e morro, estaredes pensando moit@s, o merlo é a disculpa, non fas ti mal larpeiro.
Non vou llevarle a ninguén a contraria, cada quen pense o que queira...
Eliminar o "arreeiro" da mente, cun pouco de humor e doce, vennos ben a tod@s neste domingo de inverno...
Ser moi felices...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario