Nótoche estraño, Xaquín. Queres unha auga quente...? Parece que non che sentou ben a larpeirada de onte.
Amigo merlo, necesito algo máis ca unha manzanilla. Teu canto en xeito de reflexión pode ser un bo ansiolítico, non comezou de bo xeito o que semellaba ía ser o recordo dunha poesía musicada dos Lombos do Ulla...
Nada máis chegar á Taberna Vikinga, e tralas primeiras apertas, apoderouse de min a tristura ao ver que algúns dos compañeir@s que remaron a carón meu cada mañá fronte a Cortegada durante tantos anos non estarían na celebración do entroido, merliño.
Non son quen Amigo Xocas, pero vendo que tes as cadernas da Alma rotas, tratarei de estopearchas expallando ao vento meu consello...
Por oscuro que se olle todo, por incapaces que nos sintamos, se nas nosas mans non está a decisión definitiva para cambiar o rumbo da nao na que navegamos, non podemos tirarnos pola borda...
Remar contracorrente non soe ser a mellor forma de saír da tempestade...
Gardar forzas, respirar fondo, plegar velas e continuar a travesía ao pairo se fai falla é o xeito de enfocalo, virán ventos de cola...
E se tardan en chegar, recorda que A SAÚDE É O PRIMEIRO, Xocas...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario