domingo, 8 de enero de 2023

PAZ

 Trala tempestade de onte, no día de hoxe asoma a calma...

  O tempo non axuda, a chuvia parece non entender de treguas, pero traxe e gravata son innegociables, é domingo.

  Caeume enriba máis dunha pedrada polas verbas escritas onte, tiña o casco preparado...

  Dime sempre o merlo que hai temas que con só mentalos producen urticaria na delicada pel dalgunha xente, así ocurriu ...

  Saíronme da Alma e non vou retirar unha soa coma, guste ou non é o que penso, e sentía que corría o risco de reventar se non abría a billa da tinalla...

  A partir daí cada quen é moi libre de decir o que queira, e tomar as decisións que considere oportunas, pero non imos deixar de expresar o que sentimos, o merlo i eu, porque alguén nos retire a palabra, non é noso problema. 

  Decía que trala tempestade chega a calma, aínda que sexa só a medias, e para axudar a elo vota agora man da pluma i espalla seu canto o Amigo merlo...

  O sol vai desaparecendo por detrás da Serra do Barbanza deixando unha tenue pincelada amarela no ceo, que se ve reflexada na auga da Ría ...

  Apostado no cruceiro da capela de san Bartolomeu, cun sorriso xunguido á PAZ que desprende seu relaxante trino, dille adeus o merliño...

  Descansa o pequeno barco pesqueiro no porto de Rianxo na espera da subida da marea que o esperte do letargo, tamén para el hoxe é domingo...

  Unha imaxe do solpor no Paraíso para compensar un pouco o que onte foi tormenta...

  Non deixa de cantar e de sorrir o larpeiro ollando a preada que ten diante...

  Cante cada un o que lle saia dalá dentro, din que a Alma é un misterio que leva agarradiño da man unha musa...

  Pousa a pluma o merliño no tinteiro, non desexa estragar a maxia con palabras...

  Abre as alas...!!

 

  O Paraíso existe 


                                                               Xaquín Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario