domingo, 8 de enero de 2023

A BONECA

 De paño añil o gabán,


as guedellas ben peiteadas,


e trala matinal misa,


a visita arelada


ao vistoso escaparate


das ilusións en caixa.



Os ollos, cal andoriñas,


sen mesura revoaban


esculcando abraiados


cada anaco, cada balda,


rebosantes de xoguetes,


de ilusións en caixa.



E alí, outro ano exposta,


sen parangón en prestancia,


a boneca dos seus soños,


de fermosa indumentaria.


-Portareime como nunca-


-serei a máis aplicada-



Pero, unha vez máis, os Magos


traspoleiraron a carta.


Outra vez máis o sorriso


esvaeu na súa cara.


Nunca chegou a boneca


por máis que ela soñara.



A ilusión dun cativo


debera de ser sagrada.



Silvia Figueiras Dovalo


                                                                           Laura Padín   

No hay comentarios:

Publicar un comentario