miércoles, 7 de diciembre de 2022

SALTAR FERVENZAS

 Continúa a auga do río seu curso camiño da desembocadura...

  A vida mesma, temos data de caducidade...

  Corre que voa, semella ter alas o tempo, o aniversario detrás do seguinte meandro, moi preto, xa vai cumprirse un ano dende que deixei o remo fronte a Cortegada...

  Un ano máis, ou un menos, según o vexamos, de nós depende...

  Eu sigo con gañas de seguir nadando e salvar tódalas fervenzas que me atope diante no río da vida neste novo e frío luns de zapateiros.

  Unha tarde outonal, de fai ben pouco, venme á memoria...

  O relaxante paraxe do Xirimbao á beira do Ulla foi o marco ideal para manter unha conversa, diría que espiritual...

  Asaltábame unha pregunta e necesitaba saber o que pensaba o Amigo merlo sobre aquelo que tanto se escoita de que tan pronto nos xubilan acabouse...

  Facémonos vellos, merliño,  polo feito de xubilarnos.?

  Nada ten que ver, Xocas. Non depende dos anos que nos van caendo, hai xóvenes coa Alma decrépita, mortos con vida, e maiores ilusionados por seguir salvando rápidos e ver o que hai detrás do seguinte meandro...

  Facémonos vellos cando os soños deixen de presidir as noites, i esperte espida de ilusións a Alma...

  Cando deixe de apaixoarnos aquelo que facemos habitualmente, e pase a ser un pesado traballo...

  Cando a Alma xa non teña forza para abandoar a xaula e despregar as alas para ollar o amencer nas Brañas e o solpor na Ría...

  Cando as charlas que mantemos non che digan nada, e xa nas teñamos...

  Aí, Xaquín, será cando tomes verdadeira conciencia de que o río da vida vai quedándose sen auga, e falta xa moi pouco para chegar á desembocadura, onde nos espera a barca de Caronte...

  Non son os anos, Xaquín, quenes nos xubilan definitivamente...

  Sí o non ter gañas de SALTAR FERVENZAS e dobrar meandros...!!

 

  O Paraíso existe





Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario