martes, 13 de diciembre de 2022

EN PROL DA PAZ

 Xa virán tempos mellores

onde a guerra torne en paz

cambiando balas por libros

todas as razas, irmáns!


Si, chegarán dias de gloria

para toda a humanidade

compartindo as riquezas

en total fraternidade


cando chegue ese momento

de respeto e comprensión

será un grandioso paso

en pos de esa razón


a razón que todos temos

máis, debemos entendernos

sí...con respeto mutuo

con amor e liberdade


e neses tempos futuros

compartindo pan e auga

sen diñeiro nin riquezas

toparémola verdade


nin guerras, nin invasións

nin mal trato ós animais

daquela, querido Sapiens

alcanzaremos a Paz!!!


  Miguel Alberto,2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario