sábado, 31 de diciembre de 2022

CHIN, CHIN

 Os bos perfumes en frascos pequechos, vou ser hoxe moi conciso...

  Só quero propor un brinde con tódol@s que non deixades de estar presentes nesta humilde páxina do merliño...

  Por elo, dende a Torre do Homenaxe do Castelo que a diario defendo con agarimo, de riguroso traxe e gravata, non pode ser doutro xeito neste día, e coa estrela do merlo Amigo e a lúa ensoñadora por testigos dende os ceos, meu desexo de que repeniquen gloriosas para tod@s vós as badaladas de fin de ano e o Aninovo veña cargado de lindos soños, paz e  felicidade...

  Querid@s Amig@s, levantemos esas copas e brindemos...

  CHIN, CHIN, máis nada...!!

  O Paraíso existe 



                                                                   Xaquín Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario