domingo, 8 de enero de 2023

CAZADORES

 Os cans enxaulados

agardando ese día

pra ser liberados

para a “gran cacería”


cobrando venados

xabalis...indefensos

nas espesas fragas

é nas carballeiras


neste gran país

de tanta beleza

o home dispón

á súa vontade


non respeta a vida

por mor do deporte

matando inocentes

que él, chama “salvaxes”


quixera saber

quén é máis salvaxe

toda esta fauna?

Ou, o “gran cazador”


en nome de qué

mata sen piedade

deixando desvalidas

as súas crianzas?


Cando chegará

o día agardado

que o home respete

a fauna “salvaxe”???


 Miguel Alberto,

    02/01/23


No hay comentarios:

Publicar un comentario