Saian do purgatorio as ánimas, deciamos...
Cabazas, disfraces...
Tenebras, caveiras...
Procesión de ánimas, santa compaña...
Fachos, lume purificador para escorrentar os malos espíritus dos ancestros...
Unha tradición moi vixente na nosa Terra, que reúne creenzas, terror, humor...
Noraboa se fostes quen de sobrevivir á meiga noite do Samaín...
Non me extraña que o merliño non de señais de vida e sega acurruchado no niño...Que medo.!!
Amenceu xa a festividade de Tódolos Santos para os creíntes, e a visita aos cemiterios, convertidos en fermosísimos verxéis de flores de tódalas cores, é unha obriga...
Non sei de onde sairán agora as ánimas dos antepasados, según teño entendido xa non existe o purgatorio. Pode que o "Samaín" nos trouxera respostas...
En calquer caso, descansen en paz para sempre, como xa o fan na nosa memoria.
No corazón, traxe e gravata para recordar aos que se foron...
A visita ao cemiterio, máis que obriga, é SENTIMENTO...!!
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario