Ónde vas, meu pensamento,
por qué derrotas me levas;
por qué sombrizos recunchos,
por qué extrañas vereas.
Os teus azos non ensomen
presos da túa lideira;
es noitébrega curuxa,
no abrente lavandeira.
Do moito errar, ás veces,
mesmo un tolo pareceras;
outras semellas espira
remexendo mol area.
E non rexe imperativo
nin grillón que te someta.
Non hai farpa que te amarre,
nin razón á que te aveñas.
Onde vas, meu pensamento
¡non bulas máis e aqueda!
Silvia Figueiras Dovalo
Laura Padín
No hay comentarios:
Publicar un comentario