Cando chove e non te mollas
cando venta preto de ti
que sintes pola túa aldea
cando a ela voltas a vir?
cando ole a terra mollada
se no vran ponse a chover
cando te sintes falto de algo
é pra Galiza queres volver
a terriña tíranos moito
ela veute medrar
cando ainda eras un cativo
cando ainda eras un rapaz
chove esta noite na aldea
chove de día no lar
porque os que deixaches na casa
cando voltas xa non están
marchaches sendo un mociño
fostes lonxe a traballar
agora voltas de vello
a morrer ó teu fogar.
Paki Espiño,2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario