domingo, 6 de noviembre de 2022

ORQUESTRA DA NATUREZA

  Dirán algúns que é un soño, alá eles...

  Dende un dos balcóns preferidos pola miña Alma, observo como todo volta á vida nas Brañas...

  Ollo levantarse o sol co pincel na man, unhas brochadas de cor ó ceo do Val non lle veñen mal, o día amence fresquiño...

  Escoito de fondo o silencio, a máis fermosa música xamáis escrita nun pentagrama...

  Interpreta a máxica ORQUESTRA DA NATUREZA...

  Non vexo a ninguén coa batuta, que raro...

  De repente, un melodioso canto racha o feitizo. Non fai falla que a dirixan, Xaquín, nen sequera hai partitura. Todo soa ben acompasado nesta obra dun xenial artista, compositor e director a un tempo.

  É o trino do merliño, elegante tenor solista, de gravata amarela e frac negro na rama dun pino...

  Soan os violíns...

  A Alma vota un sorriso...

  Sobre as Brañas de Laíño, amence...!!

  

  O Paraíso existe 



Xaquín Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario