domingo, 6 de noviembre de 2022

DIVAGANDO

 


Puxéronte os deuses

nos rios da vida

para navegar

repartindo amor


por mar ou por terra

nas alas do vento

¡ti voa ben lonxe

co teu sentimento!


alá onde foras

lévalles ledicia

ese amor eterno

que só ti sabes dar!


É neses camiños

topéite dormida

ou quizais esperta?

no teu divagar!


Querida moneca

ti pensa, escribe,

con esa intuición

que os deuses che deron


para repartir

por todo universo

amores eternos

dende o teu corazón.


  Miguel Alberto,2022


No hay comentarios:

Publicar un comentario