Ía adoñándose da Ría a noite...
Mentras daba un paseo, non seu se real ou imaxinario, resultabame estraño non escoitar o canto do merlo diante dun solpor así no Paraíso, visto dende o asteleiro da ribeira...
E alí o atopei nunha rama media espida dun carballo, pampo, ollando caer as follas e un mar tinguido de cores amarelas...
Un sepulcral silencio apodérase da imaxe, que sen necesidade de mover as alas, lévanos aos dous voando a un ceo azul onde aniñan os máis fondos sentimentos...
Espero a que saia do trance, non son nada sen seu canto...
Que faría se non escoito seu trino, de picapaus máis ca merlo moitas veces, taladrándome o cerebro, enchéndomo de consellos, e de perfumes a Alma...
Resposta as preguntas plantexadas, aborda os problemas poñéndolle esparadrapo ás feridas, e alas aos soños...
Ou dalle algún que outro pau a quen cre que o merece, como foi o caso donte, correndo o risco de quedarse sen peteiro se non gusta.
Tod@s levamos un merliño dentro, cunha chave que abre o candado dos sentimentos...
Eu escoito seu trino, sobre todo ollando amenceres e solpores, pois diante da nai Natureza poucas veces a Alma vai sentirse orfa ou decepcionada.
Seguro que agora mesmo, se algún siquiatra estivera lendo estas verbas, cousa pouco probable, estaría xa preparando unha CAMISA DE FORZA ante a posibilidade de atoparse cun chalado. Non é moi aconsellable, a ollos de moita xente, que ande solto un tipo que di manter conversas cun páxaro.
Sorrí o merliño, o solpor ía apoderándose da Alma...
Hoxe, non canta...
Só olla i escoita pampo...!!
O Paraíso existe
No hay comentarios:
Publicar un comentario