Naciches
porque eu quixen,
no
frenesí dun momento
e
dinche para fartar
o
celme do sentimento.
Se
cando ó mundo te leve
non
che amosaran afecto,
que
non te acoren decires
nados
en extraños beizos.
Eles,
no seu albedrío,
posúen
ese dereito,
mais
eu, que parinte soa,
entre
laios e arquexos,
estímote
por levares
un
cachiño do meu seo;
e,
cal amante naiciña,
¡es
para min o máis belo!
Silvia
Figueiras Dovalo
Laura Padín
No hay comentarios:
Publicar un comentario