domingo, 22 de mayo de 2022

REFLEXIÓN...ORQUESTRA DA ALMA


 Envexa Amigo merlo, qué triste.
 Acouga, non era Amigo, tínache moi enganado. Os Amig@s, Xaquín, xamais che deixan tirado.
 Pode que teñas razón, merliño, pero elo non cambia que pasara unha longa noite de insomnio. Sirve,     eso sí, para darme conta de quen realmente teño a meu carón, que non é pouco...
 Amence o día coma se recibira unha malleira, coa sensación de que mete auga o barco e teño que ir       dereito á carpintería para estopealo...
 No tiovivo ao que temos que subir a diario tampouco soa a música dos sentimentos, máis ben semella   ser un triste silencio quen dirixe hoxe a orquestra...
 Necesito compoñer unha partitura que me levante o ánimo, que me axude a voar e deixar atrás unha   noite de bágoas, e coa que volten a soar afinados os violíns da ORQUESTRA DA ALMA.
 Ollar un amencer de postal sobre o Val do Ulla, un marabilloso ansiolítico mesmo xarreara auga toda a   noite nél e na mente, estopearache as cadernas da Alma e fará que empecen a soar afinadas as   primeiras notas, Amigo Xocas.
 Querid@s Amig@s, a pesares de tódalas coiteladas que recibira de quen menos esperaba, non queda   outra que curalas, o barco ten que seguir navegando e  soando o tiovivo...
 A Natureza é unha eficiente carpinteira, e mellor orquestra...
 Ser felices...!!






Xaquín Miguéns Ces















No hay comentarios:

Publicar un comentario