lunes, 16 de mayo de 2022

O COLESTEROL

 

O médico púxose moi serio conmigo :

- Non se pode xojar ca salud, o colesterol eche tema serio , ponte as pilas e comenza a dieta.

E así empezou o meu viacrucis.

- Día un:

Tostada de pan co seu tomatito e un gran tazón de infusión . Tira a currar , oito horas de duro traballo físico, cun tente en pe de yogurt de beber e unha galletiña con moita fibra, e ese termo de infusión que me ía facer gastar o tempo de medio bocata, deixando a máquina para ir drenar os riñóns. Retorno ó dulce fogar, ducha e un bistecs de ternera , en plan suela de zapato cun gran , gran vaso de infusión. Salir a camiñar media horiña , que non se pode arrancar o coche en quinta. Outra ducha ó regresar , pero xa te miras no espello como recoñecendo un cambio , «aljo se mueve en tu mundo interior».

Na cena xa te sintes unha veterana do Vietnam.

Día dous:

O tomate no pan tostado ás carreiras para sacar ó can antes de tirar millas po choio , e dous buches da infusión  a lo hámster preparándose para invernar , e unha idea furtiva de colar unha magdalena na mochila que desterrei coma a heroína de « pasando hambre por mor del colesterol».

Tercer día , ainda:

Como cae o sol a plomo , que larjo se fai a camiñata , parece que fai dúas horas xa , pero o reloxo desmonta a miña teoría marcando uns escasos dez minutos.

Cuarto día do calvario.

Despertei as tres da mañán por un trono acompañado dun sudor frío, agudicei os oídos, pero non viña da calle o ruido , salía da boca do meu estómago , coma o lamento dunha porta chirriante.

Quinto día, quen da máis?

Esa lechuja verde , insulsa e repetitiva , atraeme tanto coma chantar os dentes contra a parede , esa coliflor sabe a nada , e como o anuncio de , a que huelen las nubes ? Sabes? Pois esto é ijual pero co factor gusto desencantado .

Sexto día por Dios ! (morro sen testar).

Na cea dinlle máis voltas ó puré que Indurain á España , e non topei un camiño apetitoso ó buche , pero a infusión baixou sola , e fixo que a noite do sábado fose coma a de Travolta, moita fiebre  me entrou despertar para visitar ó señor roca , tres veces con tanto líquido sin contención.

Séptimo día, quen o diría?

Pasei o día tirada no sofá mirando  para o meu can como se fose o pavo de miña nai o domingo de Guadalupe.

Non tomei  infusión, foi como unha huelga  pero sen pancarta , porque non podía usar esa idea que empezaba por unha palabra tan comestible.

Esperaba que o día pasara a poquito a poco sin deixarme  tentar por a rosca que me enviou de regalo   a da pastelería, porque sabe que non pode perder unha clienta preeira.

DÍA DE MÉDICO:

- Véxote ben Manuela, sube á báscula. Ummmm, noraboa , baixastes douscentos cincuenta gramos .

DÍA TRESCENTOS :

A comida da cárcel non está tan mal, non me preocupa o colesterol, aquí o traballo ca picocha mantenme á línea .

  Mano Figueira.









No hay comentarios:

Publicar un comentario