lunes, 16 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS

 

Unha vez máis o vindeiro día 17 de Maio celebramos o día das nosas letras galegas, pero esta non é só unha festa de letras, eu penso que é algo máis; son máis de cuarenta anos de liberdade e democracia en España e ó menos non temos a boca pechada, como aconteceo tantos anos a galegos, vascos e catalans. Agora podemos expresarnos coas nosas propias verbas sin que nos chamen brutos e analfabetos, como me ocurría a min cando fun á escola, o pouco que visitei as aulas na miña vida.

 Agora temos unha liberdade. Anque falta a independencia polo menos podemos decir o que queremos e o que sentimos con respecto, por suposto, pois a independencia non significa odio hacia España nin moito menos, pero entendo que a democracia plena sería que nos deixaran escoller ós galegos se queremos unha República Galega con dereitos plenos. Suporía unha gran victoria poder viaxar polo mundo cun pasaporte que puxera na portada, “ República Galega” pero penso que inda terán que pasar unhas décadas antes que eso ocurra.

 A nosa lingua é románica como outras, pero ademáis de eso préstase moito para escribir poesía polo melosa que é, e para entendernos cos nosos irmáns portugueses.  Eu non domino ésta lingua, pero enténdome bastante ben cando viaxo por ese país.  Ocurreume tamén cando estudiei francés, pois vin que se parece máis esta lingua á nosa que o castelán e o mesmo co catalán.

A pesar de todo o que di moita xente, eu penso que as linguas unen, un pais onde se falen varias- como e o caso de España- sempre será un pais máis culto, polo tanto espero que se conserven todas as da península Ibérica polos siglos dos siglos.

      

            Escribe tí, muller galega

            demostra o amor á Terra

            escribe na nosa lingua

            endexamais serás paga

 

escribe, querida escribe

deixa constancia de ti

pasarás moi silenciosa

deixando a túa pegada

 

non es ti quen escribe

quen dirixe a estilográfica

é ese o teu sentir

polo amor a túa patria

 

ti segues xuntando letras

para formar pensamentos

e con elas formas frases

convertidas en poemas

 

escribe tí noutras linguas

e viaxa eternamente

máis non te esquezas da Terra

da nosa Sacra Cultura!!!

 

  Miguel Alberto,2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario