lunes, 16 de mayo de 2022

TESTEMUÑA

 

Aquí deixo testemuña

desta longa primaveira,

con palabras atopadas

dende o monte ata a ribeira.

 

Todas veñen a decir

o que o vento asubiaba,

o que o mar embestía,

e o que a pedra calaba.

 

Coas letras devanceiras,

como pingas espalladas,

en milleiros de gorxas,

un dia asoballadas.

 

E cas sementes de Maio,

voltan de novo as raiolas,

que nos farán agromar

nesta terra de cantares.

 

Aquí deixo as miñas verbas,

apegadas a un papel,

agardando que o vento,

lonxe as leve con el.

  M. Dolores Ríal,2022

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario