lunes, 25 de abril de 2022

REFLEXIÓN...A IMAXE

  Semella, Amigo Xaquín, que non tiveches unha boa noite...

  Por qué me coñecerás tan ben, Amigo merlo...? A verdade é que non descansei nada, pode que o calor me afectara, pode que votara de menos a alguén...

  A cabeza deulle moitas voltas a un tema que pensei que coa pandemia cambiariamos o xeito de ollalo.

  Xaquín, pensar que un bicho ía cambiar o xeito de ver a vida dunha maioría é non coñecer aos humanos...

  Pode que me trabucara e teñas razón coma sempre, larpeiro, mágoa...

  Chegamos a este mundo espidos, e pasámonos a vida pensando en joldras i en xuntar cartos no lugar de acumular boas obras, sen pensar que serán éstas as que levemos con nós cando rendamos contas...

  E tamén o que deixedes.Todo o demáis é supérfluo, e canto máis teñades máis vos doerá deixalo e ter que irvos.

  A ese punto quería chegar, merliño...

 Chegamos a este mundo espidos e irémonos sen nada. Pode que ata o caixón de pino, o derradeiro traxe que vistamos, sexa prestado. De carballo e pagado, se tes moito. Que máis da se rematará comido polos bichos nun burato. 

  Ser feliz é a primeira obriga do ser humano, sen olvidar que levará sempre aparellado que nosa luz debe iluminar a Alma do veciño, coma bos samaritanos. 

  De pouco valerán os feixes de moedas de prata que teñas para pagarlle a Caronte a travesía na barca do máis alá, que túa Alma non vague perdida, se chegada a hora de rendir contas cheira a ruindade...

  Non creo no máis alá, dirán moitos, Xaquín...

  E A IMAXE que ao mundo proxectamos a diario, Amigo merlo, non conta...?

  Todo vai quedarse aquí. Querid@ AMIG@, fuxe da mezquindade...

  A Alma agradecerao...!!



                                                                 Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario