miércoles, 6 de abril de 2022

REFLEXIÓN...A FOTO SOÑADA

   Levántome co ritual de sempre, e antes de abrir a fiestra voto man da cámara...

  Mentras escoito o primeiro canto do merlo, gústame inmortalizar o amencer, xamais hai dous iguais.

  Agora cos móbiles, Xaquín, tod@s sodes fotógrafos, é unha moda, pero fotos que transmitan, poucas.

   Espertas jodedor Amigo merlo, moitas grazas pola parte que me toca, son un afeccionado, para nada pretendo sentar cátedra coa cámara...

  Estar no momento xusto, coas persoas adecuadas, nun lugar cunha luz que transmita esa emoción necesaria, apertar o botón e que tralo clic apareza unha imaxe que diga algo, por exemplo o temor de Xoel acurruchado contra o corpo de seu pai diante do inmenso mar rompendo contra as rochas na Costa da Morte, non é sinxelo, pero se o consigues o resultado pode ser marabilloso.

  A fotografía é un arte, diría máis ben un sentimento e, igual que na vida, trátase de coller o tren que pasa no momento preciso por diante e aproveitar a ocasión que nos da de viaxar e acadar un soño, algo reservado aos tocados por unha variña máxica, non me conto.

  Ten razón o merliño, querid@s Amig@s, cando di que somos moit@s os que facemos fotos, pero son pouc@s os que teñen esa especial sensibilidade para saber ler o momento de darlle vida ao que ven os ollos...

  De mostrar o reflexo da Alma...

  De facer poesía coa cámara...

  De acadar A FOTO SOÑADA...!!



                                                                  Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario