lunes, 11 de abril de 2022

REFLEXI...MIRADA LIMPA

"Dalle de comer a un can tres días..."

  Arrímome á fiestra para ollar o Val nada máis levantarme, é un ritual, un termómetro mental de por onde pode ir o día...

  O de hoxe, gris, e mesmo co finde petando á porta, non promete...

  Pero no Campo, detrás da graneira, mentras escoito o canto do merlo, chámame a atención algo. Observo a dous cans que parecen darse unha aperta.

  Quen fora can, Xaquín, dime o merliño léndome o pensamento, mentras eles, alleos ao resto do mundo, seguen coa mostra do vivo retrato da felicidade.

  Penso no especial xeito que teñen de expresarse, na súa linguaxe particular, i en por que non quixo a Nai Natureza que falen con verbas, e a pesares teñen más amig@s ca nós.

  Axiña escoito a resposta, é o merlo coma sempre...

   Co seu canto espalla aos catro ventos que o motivo é porque moven moito máis o rabo que a língua, teñen a MIRADA LIMPA, sen dobreces, e súa fidelidade chega máis alá da morte...

  Coa actitude móstrano todo, co rabo e a mirada reflexan o que non poden expresar con palabras, pero tampouco calar, remata.

  Cantos xeitos hai de falar, penso para min. Un exemplo máis da sabeduria da nosa "Nai".

  "Dalle de comer a un can tres días e agradeceracho o resto da vida...", unha lección que as persoas non deberiamos esquecer xamais.

  A mirada que máis debe emocionarnos, querid@s Amig@s, é a daquel@s que mostran os sentimentos sen necesidade de decir unha palabra, se hai música na Alma escoitarala...

  Unha actitude, un xesto, di moito máis que tódalas palabras que saian de dentro...

  A imaxe da aperta de dous cans reflexada na torre do homenaxe , sírvanos de exemplo...

  Cántas veces as verbas marchan co vento...!!



Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario