lunes, 25 de abril de 2022

AMOR ETERNO

 

Eu só vivo para ti

para amarte eternamente

na tristura e alegría

na pobreza e opulencia

 

o que eu sinto por ti

e moito máis que cariño

coa túa dulce mirada...

só teño amor para darte

 

Princesa, eu ben recordo

aqueles bicos da infancia

en plena adolescencia

cando nos enamoramos

 

eran bicos inocentes

pero cheos de placer

aquel sabor dos teus beizos

unha locura de amor

 

a savia que eu recibía

a fragancia do teu ser

grabada no subconsciente

para toda a eternidade

 

así seguiremos xuntos

pro resto dos nosos días

para deleite de ambos

despois d´unha longa vida!!!

  Miguel Alberto,2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario