viernes, 18 de marzo de 2022

REFLEXIÓN...CUCO

 

Decía S. Freud que nunca estamos tan desprotexid@s contra o sufrimento coma cando amamos.

Un contrasentido...Nelo andaba barrenando mentras ollaba como os primeiros raios de sol iluminaban o meu querido Val.
Bos días, Xaquín, ti pensando. Semella que os teus miolos non andan hoxe polas ramas.
Recomendáronme que o fixera de cando en vez, máis que nada para limparlles as arañeiras. E como hoxe non che esperaba, pois contoume un paxariño "amigo teu", ollo, que te ías de picos pardos, pensei que sería un bo momento.
Un respecto. Por moi cantareiros que sexamos, en cuestión de amores os páxaros somos moito máis fieis que os humanos, que dades unha imaxe de felicidade e sufrimento a un tempo cando vos enamorades. A desconfianza que moit@s de vós tedes na parella é porque tedes complexo de CUCO, e á mínima ocasión tratades de pór os ovos nos niños doutr@s páxar@s. Elo significa que o voso tamén está en perigo, aínda que haxa excepcións, a deus grazas...
Debe ser algo que ven de vello, pode que o ser humano non fora creado para ser monógamo. Eu xa sempre escoitei que os negocios hai que atendelos se non queres que chos atendan. A de cucos que hai vixiando, non pode ser casualidade.
Terei que estar caladiño, porque vexo que tiras con balas cargadas de sarcasmo, i eu hoxe esquecín o tirapedras para escorrentarche.
Somos de verdade, querid@s Amig@s, cucos os humanos, ou son faladurías do merlo...?
Seguirei pensando. Mentras, o Ulla baixa bicando as Brañas...!!


                                                                   Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario