jueves, 31 de marzo de 2022

IRMÁN MAIOR

 Eche moi difícil facer de nai dos irmáns , deixar a túa propia infancia para amoldarte a un rol que nese momento  non che corresponde.

Sen ensaios , sen libro de consellos , sen referentes.

Túa nai enferma de depresión , (algo que unha non entende con dez anos) , levando ó médico a túa irmán mentras cun bisturí lle abren unha ferida infectada, e se che abraza a ti , entre gritos de dolor pedindo que a saques de ali, e ti temblando suxetas a súa perna para que o doctor termine a súa cura. 

Indo falar co director do colexio porque teu irmán meteuse nun lío, acompañando os desvelos , aconsellando as dudas , estando sempre ahí.

Sempre a irmán maior  para todo .

A fuerte, a que non resinte de nada, a que pon o morro ainda que sexa tímida e adoeza de vergonza allea.

Que a día de hoxe escoites a tres adultos queixarse de que a súa nai nunca fixo o seu traballo e quedaron baixo a irmán máis vella , cando eu non din queixa algunha e non tibeches a suerte deles de ter un pilar onde sosterte ... e canto menos increíble.

Fíxenme rocha , dura , firme, pero gardando a empatía,; Inventei mil contos infantiles onde eles eran os protagonistas indiscutibles, cancións para que comesen , fixen centos de debuxos que recortaba con paciencia para que coloreasen , fun defensora incondicional, estiben ahí sempre ,e hoxe ,eu que tristemente coñezo a depresión, apoio e perdono á miña nai, quixera que eles deixasen de culpala e facela sentir mal , porque estiveron sempre baixo a protección da irmán maior.

Unha sorte a deles , que eu non coñezo.

Ojalá abran o corazón e entendan que hai enfermedades que non che deixan ser persona a tempo completo, e que se sufre por dentro ainda que demos por fora a imaxen de indestructibles.

  Mano Figueira.




No hay comentarios:

Publicar un comentario