lunes, 21 de marzo de 2022

AS CRITICONAS

  -Ti vela Carmucha? Camiña  toda chea enseñando as canillas e antes era Doña perfecta.

- Xa che dijo Isabeliña, desde que se divorciou anda de jarana , non lle cheja o día a nada.

- Díxome a Paca que onte salía da súa casa Don Manuel o médico solteirón.

- Tería jripe , tú.

- Si, sí, emperatrís. E hoxe anda cas pernas ó aire.

- Será a menopausia que lle da con sofocóns.

- Ti moi inosente me es.Entrou as dez da noite e saleu as oito da madrugada.

- Non lle atoparía o mal.

- E ti es parva oh ! Disque ELA saleu á porta a despedilo , pichiencoira.

-Muller, un médico sempre che manda espir.

- Ti se es más parba non nases. Estes están liados, se non tempo ó tempo .

- Pois ela díxolle a Pepe o carniseiro que non se volve a amarrar a ninjién.

- Pero o médico ten cartos tú, moitos cartos.

- Pero ela vai sobrada de perlé , ou non heredou dos pais o pazo e dous pisos na Coruña?

- Mira, ben cara nós. Disimula, fala do tempo.

- Con este calor xa me sobra o abrijo.

 Contesta  Carmucha con voz de actriz secundaria nun teatro barato . 

E a Doña, a señora que vestía unha saia corta  e que era a beneficiara absoluta de tanta atención, parouse diante delas e mirándoas coma perdonándolles a vida, espetoulles cual torera matadora:

- Vos estades afogadas de tanto meneo á sin hueso. Se dedicárades o tempo a camiñar  no lugar de a  criticar , en vez de parecer dúas ballenas abolladas  seríades como  dous delfíns a barlovento

Boa tarde «señoras»!


.                                                                          Mano Figueira


No hay comentarios:

Publicar un comentario