domingo, 20 de febrero de 2022

REFLEXIÓN...ESPELLO

  Xoves, camiña o inverno... Camiñamos da súa man o merlo i eu, e madrugamos para ollar i escoitar un novo espectáculo de cores, de cantos, de vida... Canta xente non madruga e perde a posibilidade de aprecialo, de sentilo, merliño. Outr@s moit@s, Xaquín, nin madrugando ollarían hoxe algo máis que un día gris e chuvioso. Ollar non é sempre sentir, e non deixa o sol de brillar por elo... Toma exemplo, e cando fagas algo do que sentirte orgulloso non te poñas triste se non saben aprecialo. Actúa para sentirte satisfeito, non valorado... Sírvache de exemplo este amencer sobre o Ulla. A meirande parte da xente que ten a posibilidade de sentilo, dorme ou non lle fai caso. É súa obriga saír a diario, parecen pensar, Amigo Xocas, sen valorar o que significa. Madruga o sol asomando sobre o Val, madrugo eu para plasmalo nunha imaxe e mostralo, mentras escoito o canto dos páxaros e falo co meu Amigo. "O non ter que facer é jodido, xa está aquí o tolo que fala cun merlo, se durmira...", din os de sempre. Non vou respostarlles, pois con vós, querid@s Amig@s, e coa Natureza, teño unha conversa moito máis interesante. Mágoa non teñan ollos na Alma... "Bos días", dime o astro rei acariñando cos primeiros raios as Brañas, onde a vida vaise desperezando... "Un pracer...", respóstalle o merliño cantando. A Natureza e súa voz, a beleza, sempre nos está falando, valoremos ou non canto nos diga... Sírvanos de ESPELLO, unha vez máis, neste xoves dun inverno que camiña...!!




                                                                          Xaquín Miguéns Ces                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario