Hai moitos tipos de templos...
Escoitáralle a unha páxara Amiga que nuns carballos dunha cala solitaria, a medio camiño entre a Punta da Posta e O Porto, facíanse as beiras unha parella de merlos, e alá me fun...
Os ceos i escoitar cantar un merlo son a miña debilidade, e un revoar de trinos no ceo do marabilloso templo que a Natureza creou naquel lugar, foi o que escoitei nada máis chegar...
Hai moitos tipos de templos, decía. E moitos xeitos de perder o tempo, dirán algúns...
Ou de gañalo perdéndonos no medio da Natureza, según o xeito de ver a vida que teña cada quen...
Uns sirven para rezar, nada teño en contra...
Outros para pecar, tampouco, faltaría máis...
Outros moitos para disfrutar das marabillas que a Natureza pon a noso alcance, e neses templos entro eu.
Quizais por elo din que tes goteiras, Xaquín. Se calaras iriache mellor.
Amigo merlo, digan o que queiran, solo expreso con humildes verbas o que miña Alma sente, igual que fas ti...
A COMUNIÓN coa Natureza é a máis sabia grandeza, a meirande riqueza que un ser humano pode recibir, ou así o vexo eu...
O que para uns é unha chaladura, acercarse a un anaco do Paraíso para escoitar o canto dun merlo ao solpor, é para min a sensación de descubrir un tesouro mouro agochado baixo a terra...Cada Alma sente dun xeito diferente diante do Gran Templo da Natureza, nosa nai.
Hai, querid@s Amig@s, moitos tipos de templos...
Cada quen elixe no que comulgar...!!
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario