miércoles, 9 de febrero de 2022

MULLERIÑA

 

A ti mulleriña, que sempre fuches unha recargadora de pilas, que loitaches por amor deixando de lado toda unha vida , perdendo na batalla raíces e ramas.

A ti que irradiabas felicidade , qué che fai hoxe tan opaca?

Qué pena verche tirar as armas e negarte a ti misma o dereito de escoller o camiño que mellor che conveña!.

Perdiches familia, aforros e anos de vida para qué?

Para ser agora un ser anodino  de gris cenizo que está a sombra de un que non te chega ós dedos dos pes?

Daste xa por vencida?

Bailas ó seu son ?

Ese eche o premio futuro?

Valeuche hoxe o perdido antaño?

A ti mulleriña, desperta á vida! , dalle gusto ó corpo!, baila!, ri! escacha o vidrio e escapa sen mirar atrás”.

Fixéchelo por amor a él, fáino agora por amor a ti!.

Vive a túa vida e que él arramble ca súa!.

Ti non naceches para vivir á sombra de quen te consume egoístamente a cambio de negrura e apatismo .

Desperta xa , mulleriña!


Mano Figueira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario