miércoles, 9 de febrero de 2022

O CORPO DO DELITO

 

O meu vesiño ( non vou especificar o motivo ) sempre me meteu moito respeto, pero sempre , sempre.

Pois ben.

Estaba eu no tendal da ventana  aprobeitando un raiño de sol , e colgando con tropecentos prendedores cada peza de roupa, porque o de vivir nun piso é novo para min , acostumada a cen metros de hortiña onde tendía á placer , agora aquí o espacio é reducido e pende dun fío.

Pois ó coller un sujetador rosa fosfurito que ía camuflar tras unha toalla , este deslizouse da man e , a máis reflexos que lle puxen ,precipitouse o condenado en vuelo libre á rúa, pero ca puñetera sorte de enjanchar nunha esquina do tendal do antes mencionado veciño .

Alí quedaron  lucindo aqueles capachos de broche da camisa dos domingos del.

Eu puxenme pálida sólo de pensar en irlle á porta a pedir o meu sostén  e a miña mente buscou in situ un plan B convincente.

Agora poñedevos en situación: na fachada principal dun edificio por cuxa rúa pasan moitas persoas, para atender ós que xa marcharon , estou eu cun fío de tansa e un pequeno anzuelo que fun  comprar  a todo correr, facendo o propio das tómbolas,  intentando pescar o premio gordo. O vento empezou a soplar  e a  facerme a puñeta e o invento tiraba na dirección contraria , cando nun momento  no que se aliaron os astros ó meu favor, o anzuelo foi directo ós meus paracaídas fucsia pero non prendeu  nel, que va! 

Para o meu horror enjanchou  na mismísima percha onde él tiña a súa camisa toda ben exposta , tirei do fío para arriba e a prenda masculina azul celeste ó subir desenjanchouse do meu broche decorativo que  chegou ó chan nun pestañear e vinna correr a brincos rúa abaixo, axudada polo aire do nordés. Tirei da camisa con todas as ganas mentras sudaba como unha ladrona a punto de ser descuberta.

Co corpo do delito nás mans, baixei correndo polas escaleiras sejida polo meu can que ladraba tras de min coma as sirenas da policía, salimos  á rúa, e antes que apareceran  en escea dúas mulleres, que sempre que me pillan por banda fanme  perder  media hora mínima, collín  o meu sujetador metinno dun penalti directo ó bolsillo do mandil, enjanchei ó meu peludo pouseino no  brazo izquierdo  e, cando me metía no portal , apareceu «él » todo de punta en blanco detrás de min e quedouseme mirando :mandil a cuadros, pelos enmarañados, bañada en sudor, roja como a grana a mascota nun brazo e enrollado coma un trapo  no outro a súa camisa dominguera .

Devolvinlla cunha sonrisa de circunstancia e comenteille como de pasada que lle caera do tenderete, e que o vento lla arrastrara pola calle , él clavou os ollos en min , mirou para a prenda , alzou a vista á súa ventana volveu a vista á camisa e  o seu dedo índice colou polo burato que fixo sen querer querendo o meu anzuelo, xa entraba eu no ascensor carraspeando , cando me dixo:

- Manuela , Manuela, non cambiaches a técnica, melloráchela.

E a porta do ascensor pechou.

Mentras escachei a rir de puros nervios !!!


Mano Figueira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario